Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa o programa de actividades do Entroido guardés 2017

Dende o concello da Guarda convídase a tódolos veciños e veciñas a participar e desfrutar das diversas actividades e actuacións desta ampla programación de Entroido

Dende o concello da Guarda convídase a tódolos veciños e veciñas a participar e desfrutar das diversas actividades e actuacións desta ampla programación de Entroido

Fecha: 27 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Achégase unha desas épocas destacadas para a vila da Guarda, na que as rúas énchense de cores, música, bailes e, en definitiva, de moita festa. O entroido xa case está aquí e para celebralo, dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda teñen preparado un completo programa para desfrutar deses días.

A troula comezaba o venres 24 de febreiro co "Entroido dos coles". Ás 12 horas os nenos e nenas dos centros escolares da vila desfilaron cos seus disfraces. Sairon dende a Alameda e percorreron a rúa Galicia ata rematar na Esquina do Gallo.

 

 

O día seguinte, 25 de febreiro, celébrase o "Sábado da mocidade". A primeira cita do día será ás 17,30 horas, no Centro Cultural, coa proxección do filme Vicky El Vikingo. Anímase a que tódolos nenos e nenas acudan a esta tarde de cinema infantil cos seus disfraces. Xa pola noite a Carpa da Alameda acollerá, ás 23,30 horas, o concerto do grupo pontevedrés Gold and Colt que interpretarán música country-soul. Tras o concerto, á 1 da madrugada, dará comezo unha das novidades deste ano: o Concurso Drag Queen Guardés. Este busca fomentar de novo unha tradición moi arraigada na vila como é a de ver cada ano aos homes guardeses disfrazados de muller. As inscricións poden realizarse do 15 ao 23 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello, en horario de 9 a 14 horas, no e-mail cultura@aguarda.es ou o mesmo día do concurso ata unha hora antes da súa celebración. Despois do concurso seguirá a noite coa Festa Retro que contará coa actuación de DJ CELIG.

O domingo 26 de febreiro terá lugar o "Día das familias" no que a partir das 18 horas haberá festa coa orquestra Carambola na Carpa da Alameda.


O luns de Entroido, día 27 de febreiro, haberá un Obradoiro de Máscaras e Pintacaras na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Pola tarde, ás 18 horas na Carpa da Alameda, terá lugar o concerto do Trío Refugallo, un grupo de música tradicional infantil. E a partir das 19,30 horas continuará a festa coa Orquestra Estelares.

O entroido guardés vivirá o seu último e máis importante día o martes día 28, co Desfile de Entroido. Neste desfile-concurso os participantes percorrerán as rúas guardesas coas súas carrozas e comparsas. O prazo para anotarse nas diferentes categorías (carrozas, comparsas, grupos, individual e parellas infantil, individual e parellas xuvenil-adulto) estará aberto ata o 22 de febreiro. A saída do desfile será ás 17,30 horas da Esquina Famosa. Despois haberá festa coa Charanga Os Charamujas, que xa irán acompañando o propio desfile.

Dende o concello da Guarda convídase a tódolos veciños e veciñas a participar no Desfile e a desfrutar das diversas actividades e actuacións incluídas nunha programación coa que se espera que toda a vila celebre e desfrute do entroido.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones