Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Inicio do curso escolar no Conservatorio de Música na Guarda con novos protocolos polo Covid-19

Protocolos para o inicio do Curso escolar nos centros educativos

Protocolos para o inicio do Curso escolar nos centros educativos

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Conservatorio de Música da Guarda arranca este mércores o seu curso escolar 2020-2021 con todos os protocolos e as medidas sanitarias marcadas dende a Xunta de Galicia para garantir a seguridade dos alumnos e alumnas deste centro.

 

O Alcalde da Guarda e a tenente de alcalde visitaron as instalacións e mantiveron diversas xuntanzas co equipo directivo e profesorado para valorar e por a disposición todos os recursos necesarios para o cumprimento de todas as medidas sanitarias neste recinto, onde se tiveron que facer algunhas melloras, instalación de sinalécticas, cartaces, cambios de aulas, disposición de hidroxel, entre outras. Dende o Concello trasladóuselle ao director  que se reforzará a desinfección no inmoble. Así mesmo o director do centro explicou a nova distribución de espazos para cumprir coas distancias de seguridade.

 

Protocolos para o inicio do Curso escolar nos centros educativos

Así mesmo, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado polas concelleiras Montserrat  Magallanes Álvarez e Fátima Rodríguez reuníronse o pasado 25 de agosto cos directores  dos centros de ensino públicos da localidade. Na reunión trasladóuselle a todos os directores  a colaboración do concello  e  o reforzo na desinfección dos espazos escolares durante as xornadas lectivas. Os directores expuxeron  as diferentes medidas Covid a implementar coa chegada do curso escolar.  Entre as conclusións da xuntanza falouse da problemática do IES A Sangriña no que respecta a falta de espazos para cumprir os protocolos

 

O alcalde  visitou a Escola Infantil municipal  o 1 de setembro para coñecer de primeira man as medidas establecidas pola empresa que xestiona a Escola para cumprir cos protocolos sanitarios, hidroxel, separación das aulas, sinalizacións, medidas de distanciamento nos accesos, requisitos para o almorzo ou merenda, etc. Esa mesma tarde celebrouse unha reunión coas familias, onde a directora, acompañada polo alcalde, Antonio Lomba,  explicou  polo miúdo o protocolo Covid-19 e se puideron resolver as dúbidas dos asistentes.

Durante o arranque do curso escolar mantivéronse contactos con todos o centros educativos para coñecer de primeira man como se estaba iniciando o curso escolar e atender da maneira máis rápida e áxil aquelas necesidades que se percibiron nestes primeiros días.

Durante a tarde do pasado venres día 11 de setembro celebrouse unha reunión no Centro de Saúde da Guarda entre o responsable do COVID-19, os directores dos centros educativos da localidade e os representantes das AMPAS, para clarexar dúbidas e comentar o protocolo no caso da aparición de síntomas durante as xornadas escolares.

Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas previr posibles brotes COVID. A día de hoxe hai un importante número de casos positivos para un concello do noso tamaño. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comezo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre ou tose.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí