Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Inicio dos talleres de -Intervención Socioeducativa na Aula- no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete ofrece de maneira gratuíta ás numerosas escolas e institutos do Baixo Miño

Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete ofrece de maneira gratuíta ás numerosas escolas e institutos do Baixo Miño

Fecha: 29 de Febrero de 2020

Fuente: Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, o martes día 3 e mércores día 4 de marzo, darán comezo os diferentes Talleres de Educación e Promoción da Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, que se prolongarán durante as vindeiras cinco semanas.

Nesta ocasión, traballaremos co alumnado de 2º da ESO as habilidades persoais e sociais así como a resolución de conflitos. O labor de Érguete Baixo Miño é lograr a implicación dos rapaces e rapazas para ser capaces de manexar axeitadamente as posibles situacións conflitivas tanto actuais coma futuras, así coma fortalecer as súas relacións interpersoais. Cabe mencionar tamén a importancia de incidir no autocoñecemento persoal para o desenvolvemento dunha autoestima positiva.

Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación ofrece de maneira gratuíta ás numerosas escolas e institutos do Baixo Miño, dentro do Programa de Educación para a Saúde na Escola, financiado pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias que colaboran nesta Asociación.

Para máis información, invitamos a todos a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones