Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Intercambio de alumnado Erasmus+, do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui a Torrevieja (Alicante)

Este será a segunda dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.

Este será a segunda dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Abril de 2021

Fuente: CEIP N2 de Tui

Dentro do Programa Europeo Eramus+ que o O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de 6º de Educación Primaria participará dende o mércores 14 ata ao venres 16 de abril de 2021, nun “Intercambio virtual de alumnado a corto prazo” polo que visitará o CEIP As Culturas de Torrevieja Alicante.
Este Intercambio de alumnado, estaba previsto para o curso pasado, onde o alumnado de 6º do CEIP Nº2 de Tui tiña previsto viaxar ata a cidade alacantina para compartir unha semana de experiencias co alumnado de este centro organizador do evento e co alumnado do IES Comprensivo 2 de Varese de Italia. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia tivo que ser cancelado.
Este curso esperábamos que o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, viaxara ata Alacante, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica. Este será a segunda dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.
Estas mobilidades teñen como obxectivo involucrar ao alumnado no proxecto, investigando e levando a cabo traballo de acondicionamento físico, talleres de alimentación saudable e clases de meditación, atención plena e Mindfulness. Durante a actividade o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aprenderán sobre a importancia de convivir cos seus compañeir@s das escolas de Alacante ( en España) e Varese ( en Italia), explorarán aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando a cultura dos outros á vez que son embaixadores do seu propio país.
Estes días, o alumnado de Tui, terá a oportunidade de integrarse nas clases da escola de acollida, para compartir cultura, historia deportiva e dietética de cada rexión e participaran en actividades físicas, para gozar cos seus compañeir@s. Isto incluirá contacto coa lingua materna ( Galego, Español e Italiano), mellora no idioma do proxecto (inglés), historia, cultura, artes e educación física.
A participación nestas actividades aportará resultados moi positivos, podendo o alumnado comparar e contrastar as súas tradicións en actividades físicas e alimentación saudable, coas tradicións de Italia e Alacante, escolas situadas no Mediterráneo . Isto desenvolverá unha maior conciencia da diversidade cultural podendo incorporalos a aspectos das súas vidas cotiás.
Outro obxectivo fundamental deste Intercambio é desenvolver habilidades para a vida, como a tolerancia, o respecto, a independencia, a autonomía e o traballo en equipo. O alumnado de Tui integrarase nas clases da escola de acollida, compartirá co alumnado de estas escolas e de xeito virtual: tempo na escola, nas actividades diarias, etc.

Este será a segunda viaxe de Intercambio do alumnado do noso centro, quedando pendente de recibir en Tui, no vindeiro mes de xuño ao alumnado do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz Portugal, que coincidirán co alumnado do CEIP las Culturas de Torrevieja de Alacante. Durante o curso 2018 tivo lugar a primeira viaxe de Intercambio do alumnado do CEIP Nº2 ao Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira, que durante unha semana estivo en Figueira gozando de todo o que esta oportunidade lles ofreceu.
Tamén está pendente de levar a cabo a última viaxe de formación para profesorado, que está prevista para o mes de maio. Previsiblemente será tamén de xeito virtual e será o punto de avaliación do traballo en equipo, das 5 escolas participantes no proxecto.

Todos compartimos formación, experiencias, traballos, talleres, viaxes, etc…

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que permite impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servizo Español para a internacionalización da Educación) será a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+ do noso centro.
É unha gran oportunidade de mellorar as competencias do noso alumnado. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas e colaboradoras.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones