Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto en Tui

A conferencia titúlase Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui

A conferencia titúlase Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 2 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba. Na súa intervención analizará a iconografía e outros aspectos deste singular retablo.

Esta conferencia forma parte do ciclo que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

Javier Gómez Darriba é doutor en Historia da Arte con Sobresaínte cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela (2020) e Máster en Patrimonio Artístico Andaluz y su Proyección Iberoamericana pola Universidade de Sevilla (2015). Autor de numerosos traballos de investigación sobre a arte galega de época barroca.

A asistencia é libre ata completar o aforo, aínda que se recomenda inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, o ciclo está contando cunha moi boa acollida nas conferencias realizadas ata o momento como o testemuña a presenza de público nas mesmas e se congratula do acerto do Concello de Tui ao poñer en marcha esta actividade. Una programación que, aproveitando esta efeméride, trata de poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, que os tudenses senten como propio, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e do acervo cultural de Tui.

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense. Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

Ao conmemorarse, o 7 de outubro, o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí