Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

José Miñones reafirma o compromiso do Goberno coa transformación do turismo en Galicia cun investimento de 1,5 Meuros no Concello de Oia

Apunta que esta axuda promoverá a Oia como destino turístico preferente do turismo familiar en Galicia e do Camiño de Santiago

Apunta que esta axuda promoverá a Oia como destino turístico preferente do turismo familiar en Galicia e do Camiño de Santiago

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Diciembre de 2021

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, afirmou hoxe o compromiso do Goberno coa cohesión territorial e o impulso ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo o apoio que ven de acordar o Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Oia, que percibirá 1,5 millóns de euros. Trátase dun dos sete Plans que subvencionará o Goberno de España en Galicia dentro do Plan Nacional Turístico Xacobeo e que financia o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

José Miñones achegouse esta maña á parroquia de Mougás, no Concello de Oia, onde se desenvolverá a principal acción subvencionada polo Goberno. En concreto, trátase dun camping que funcionará baixo criterios de sostibilidade ambiental e eficiencia enerxética. Alí estivo acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Xunto a elas, José Miñones destacou que o Goberno busca con estes investimentos revitalizar a economía e o emprego da zona, poñer en valor os recursos patrimoniais de Oia e aumentar a oferta total de prazas de aloxamento na localidade. Con isto “contribuiremos a  tecer un sector turístico máis desestacionalizado, eficiente e resiliente” e ademais favorecerase a fixación de poboación no Concello.

O delegado reiterou a vontade do Goberno para que o Plan de Recuperación chegue a tódolos concellos de Galicia, de forma que se beneficie toda a cidadanía das reformas e investimentos que mobiliza este proxecto de país.

Plans de sostibilidade turística de Oia

En Mougás, José Miñones explicou que o Plan de Sostibilidade Turística convertirá a Oia nun destino slow, de natureza e familiar prioritario nas Rías Baixas e no Camiño de Santiago.

Para iso, o Ministerio de Industria financiará 15 actuacións do Plan nun horizonte temporal entre 2022 e 2024. As accións divídense en dous grupos:

  • Rehabilitación do Camping de Mougás. (988.800,00€) e recuperación do terreo degradado.
  • Oia, destino slow. (511.200,00 €) Actuacións de promoción e de inforamación baseadas no concepto dixital. Tamén se adecuarán os roteiros de sendeirismo e promoveranse accións de mobilidade sostible, eficiencia enerxética e sostibilidade ambiental no que respecta ás pemes turísticas do municipio.

71,6 millóns de euros no último mes para o turismo e o Xacobeo

Na súa intervención, o delegado reiterou o compromiso do Executivo coa modernización e trasformación do turismo en Galicia que no último mes se traduciu en acordos por valor de 71,6 millóns de euros.

En concreto, a finais de novembro, o Consello de Ministros aprobaba a transferencia á Xunta de Galicia de case 30 millóns de euros nunha partida extraordinaria para a modernización do sector turístico. A este acordo uníanse os dous decretos acordados a pasada semana: un primeiro, de 22,7 millóns, para a rehabilitación de BICs vinculados ao Camiño de Santiago, e o segundo, cun investimento de 16,6 M€ en sete plans de sostibilidade turística en destino vinculados aos Camiños de Santiago, no que se inclúe o de Oia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones