Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

José Miñones subliña en Tui a aposta do Goberno por dinamizar os concellos galegos con investimentos e políticas para abordar o reto demográfico

O delegado do Goberno destaca que os proxectos en macha no Concello de Tui suman 1,5 millóns de euros

O delegado do Goberno destaca que os proxectos en macha no Concello de Tui suman 1,5 millóns de euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Julio de 2021

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe en Tui a aposta do Executivo por dinamizar os concellos galegos con investimentos e políticas para abordar o reto demográfico. Expresouse así ante os medios de comunicación tras reunirse co alcalde, Enrique Cabaleiro, e acompañado pola subdelegada provincial, Maica Larriba.

José Miñones destacou o interese do Goberno por Tui, que se traduce en proxectos que suman 1,5 millóns de euros. En concreto, avanzou unha nova actuación na estrada N-551 con 500.000 euros para humanizar a entrada en España do Camiño Portugués.

Citou outras iniciativas en marcha que desenvolve o Executivo, como a vinculada ao museo catedralicio de Tui, o plan de rehabilitación de vivendas no casco histórico ou a posta en valor do Cárcere Vello, que está enmarcada no Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22.

Os traballos na N-551 xa teñen a aprobación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, polo que para sacalo a licitación o antes posible son necesarios os informes sectoriais do Concello e a Xunta.

No que respecta ao museo catedralicio de Tui, trátase dunha actuación vinculada ao 1,5% Cultural do memo Ministerio. Este aportou 440.000 euros á intervención plantexada polo titular do conxunto, ata un orzamento total de 586.000 euros.

En canto ao plan de vivenda, o investimento ascende no casco histórico da localidade a 48.400 euros. O orzamento para a recuperación do Cárcere Vello ascende a 330.000 euros.

O delegado do Goberno destacou que na xuntanza co rexidor tamén abordou o Plan de Reto Demográfico do Goberno, que “busca levar aos concellos servizos esenciais que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza”, rematou.

VISITA A TOMIÑO

Tras visitar Tui, José Miñones estivo en Tomiño onde reafirmou o seu interese polo municipalismo galego. Alí estivo coa alcaldesa, Sandra González, coñeceu de primeira man o proxecto do Parque da Amizade, unha iniciativa transfronteiriza con Vila Nova de Cerveira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones