Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Lara Meneses dálle prioridade ás parroquias

A candidata do PP á Alcaldía de Tomiño rachará co abandono do rural, -dando á veciñanza os mesmos servizos que teñen no casco urbano e polos que, de igual xeito, pagan os impostos-

A candidata do PP á Alcaldía de Tomiño rachará co abandono do rural, -dando á veciñanza os mesmos servizos que teñen no casco urbano e polos que, de igual xeito, pagan os impostos-

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2023

Fuente: PP de Tomiño

“Parroquias Primeiro” é o piar inicial do programa co que traballa Lara Meneses de cara a acadar a Alcaldía de Tomiño nas vindeiras eleccións municipais. “O prioritario son as parroquias, abandonadas durante estes 16 anos de desgoberno do BNG e queremos darlle resposta a todas as necesidades da veciñanza. Todos os tomiñeses pagan impostos independentemente da zona na que vivan, por iso deben ter os mesmos dereitos, e os mesmos servizos, os que habitan no núcleo urbano e os que o fan nalgunha das 14 parroquias do municipio”, explica Meneses.

A candidata do PP á Alcaldía de Tomiño sinala que a veciñanza das parroquias “levan anos pedindo en voz alta solucións a cuestións básicas como o arranxo integral de estradas, evitando os parches que fan que ao pouco tempo volvan á situación de deterioro inicial; coidado e mantemento das zonas verdes, parques e cunetas e, sobre todo, o saneamento para todas aquelas vivendas que non dispoñen dese servizo”. En dar unha resposta a todas estas demandas é co que se compromete Meneses, “chegaremos ao máximo número posible de vivendas, conectándoas á rede de saneamento”, insiste.

Rede de transporte interurbano

O proxecto do PP nas parroquias vai moito máis alá de dar resposta a estas demandas básicas e presenta iniciativas ambiciosas como unha rede de transporte interurbano ao Concello, construír centros de xuntanza veciñal naquelas parroquias que carezan del, crear unha ampla rede de rutas de sendeirismo acondicionadas e sinalizadas axeitadamente, a instalación de parques infantís e tamén outros para persoas maiores, dotar más zonas verdes e sendas peonís nas estradas con elevada perigosidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí