Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ler Conta Moito trae á Biblioteca Pública Municipal da Guarda -Entre o caravel e a rosa-

Trátase de Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, terá lugar o venres 1 de outubro ás 20:30h no Salón de Actos do Centro Cultural

Trátase de Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, terá lugar o venres 1 de outubro ás 20:30h no Salón de Actos do Centro Cultural

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Octubre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza o vindeiro venres día 1 de outubro ás 20:30h o espectáculo de animación á lectura para adultos, “Entre o caravel e a rosa-Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán” de Soledad Felloza, enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Guarda.

 

"Entre o caravel e a rosa, mala nai, mala esposa Emilia Pardo Bazán". Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario.

 

Soledad Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia.

Autora de varias publicacións infantís como A Cociñeira do rei (OQO, 2015) Premio Europeo de Narración Oral ao Mellor conto para nenas e nenos. Traducido ao portugués, polaco, e linguas oficias de España. La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017) Castelán e tradución ao italiano.

Columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto.

Soledad Felloza ten grande experiencia na docencia, práctica da narración oral e campañas de animación á lectura en bibliotecas.

Participa desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa.

O seu labor fíxoa merecedora de varios premios en diversos eidos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones