Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Lete destaca -afección, calidade, base e colaboración- como baluartes do Guardés na inauguración do novo pavillón da Sangriña

O convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros dos que o Goberno galego achegou medio millón

O convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros dos que o Goberno galego achegou medio millón

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe no acto de inauguración do pavillón municipal da Sangriña tras a obra de renovación integral ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda, que contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros (1.870.667,53 euros) dos que o Goberno galego achegou medio millón de euros.

 

O mandatario galego destacou como, a pesar de que os inicios do Guardés datan de 1967 nun campo de terra, hoxe, o modernizado pavillón da Sangriña segue lucindo “a calor da afección, o apoio ao deporte base, a calidade do equipo, o renome das xogadoras e o espírito de colaboración para acadar as maiores cotas de éxito”. Neste sentido Lete Lasa puxo de manifesto os logros máis importantes do Guardés, como a Liga da máxima categoría nacional feminina de balonmán conquistada en 2017 ou as oito tempadas consecutivas competindo en Europa.

 

O secretario xeral para o Deporte cifrou o apoio da Xunta ao Guardés nos 725.000 euros desde 2009 nas distintas liñas de axuda da Secretaría Xeral para o Deporte, ou os máis de 200.000 euros -entre o departamento deportivo e Administración Local- investidos no pavillón da Sangriña antes desta remodelación integral. Ademais, Lete Lasa destacou o recoñecemento -o Guardés foi distinguido como o mellor equipo feminino de Galicia en 2015, 2017 e 2018- e tamén o acompañamento do Goberno galego, non só en moitos dos partidos que o Guardés xoga na casa, senón tamén no seguimento desta obra na que prestou unha minuciosa atención porque “o Guardés só merece e precisa o mellor”.

 

A renovación do pavillón da Sangriña tivo por obxecto o cambio de fachada e cuberta, creación dunha bancada de fondo e de planta superior; así como a reorganización de espazos (vestiarios, aseos, almacéns), ampliación da zona de pista de xogo e mellora da accesibilidade. En 2023 a Xunta de Galicia contará cun investimento récord de 18 millóns de euros para infraestruturas deportivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí