Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Lete Lasa reivindica a categoría do Guardés na xornada de portas abertas da renovación da Sangriña na que a Xunta inviste medio millón de euros

Celebra que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos -equipos senlleiros da nosa comunidade-, precisaba unha resposta inmediata

Celebra que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos -equipos senlleiros da nosa comunidade-, precisaba unha resposta inmediata

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Diciembre de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu o pasado venres á xornada de portas abertas da obra de renovación do pavillón municipal da Sangriña, unha actuación que conta cun orzamento de 1,87 millóns de euros (1.870.667,53 euros) dos que a Xunta achega un total de medio millóns de euros.

Lete Lasa celebrou que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos “equipos senlleiros da nosa comunidade”, precisaba unha resposta inmediata. Neste sentido lembrou o apoio do Goberno galego ao equipo de balonmán feminino que “leva anos facendo historia no ámbito nacional e internacional” e que desde un primeiro momento reivindicou que precisaba “un pavillón axeitado á súa magnitude”.

Cómpre lembrar que a Secretaría Xeral para o Deporte asinou e executou ata tres convenios de colaboración co Concello da Guarda en 2021 para a realización de obras en instalacións deportivas, tendo como obxecto dous deles o pavillón da Sangriña. En total, a instalación dun tratamento térmico (95.925,77 euros) así como un video marcador (24.000 euros) para o devandito pavillón e a substitución do material de cuberta e pintado do exterior do club de remo Robaleira (29.383,49 euros), supuxeron un investimento de 150.000 euros (149.309,26 euros), sendo achegado pola Xunta o 81% (120.537,82 euros).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí