Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luís Bará: -Galiza precisa forzas que aposten polos recursos desta terra: o viño, a horta, a planta ornamental... O BNG é a única garantía-

O candidato de BNG-Nós apostou por retomar os bancos de terras para ampliar a produción, potenciar as exportacións e xerar emprego

O candidato de BNG-Nós apostou por retomar os bancos de terras para ampliar a produción, potenciar as exportacións e xerar emprego

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Junio de 2016

Fuente: BNG - Baixo Miño

"Nesta terra somo potencia no viño, na horta, na planta ornamental... e para desenvolver todas estas potencialidades precisamos forzas galegas que aposten polos recursos de Galiza. O BNG así o fará en Madrid, igual que o está a facer o goberno de Tomiño aquí no Baixo Miño: defenderá os intereses do país. É a única garantía". Así o indicou hoxe en Tomiño o cabeza de lista do BNG-Nós para o Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, que estivo acompañado no mitin central da comarca de cara ás xerais do 26X pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Bará subliñou o traballo feito na comarca pola diversificación de cultivos e pola formación de asociacións e cooperativas coa finalidade de chegar a mercados novos para xerar riqueza e traballo. "Temos que defender e desenvolver os nosos recursos. Neste país sabémolo facer ben se nos deixan", subliñou, para engadir que a día de hoxe o principal problema dos emprendedores da zona é a falta de terreos para ampliar a súa produción, que está tendo demanda internacional. Neste sentido volveu a lembrar o proxecto do banco de terras que puxera en marcha o BNG cando estivera na Xunta de Galiza e que o Partido Popular botou abaixo. "Ese era outro dos moitos proxectos que podían desenvolver as riquezas do noso país, pero quedou no caixón. Canto o botan de menos agora os produtores... !", sinalou.

"Galiza ten futuro se a deixan, xa que a pesares das limitacións que nos impoñen dende Madrid ou Europa as xentes do país conseguimos ser innovadores e levar proxectos adiante. Aquí en Tomiño hai moitos exemplos", sinalou, para destacar a grande produción de camelia que se exporta a diario a toda centroeuropa. "Aquí unha camelia medra nun ano o que tarda tres anos en medrar en Alemaña. Temos que aproveitar estas potencialidades e poñer Galiza a producir para sacar o país adiante. Como dicía Celso Emilio, ‘non virá de fóra remedio ou esperanza'", asegurou.

O candidato nacionalista lembrou que as eleccións do vindeiro domingo non son unha segunda volta nin unha reválida, senón a segunda oportunidade para que Galiza poida ser protagonista na formación de Goberno en Madrid. "Dous deputados do BNG poden marcar políticas favorables aos intereses dos galegos e galegas xa que non haberá mariorías absolutas e os pactos serán fundamentais. E quen defenderá aos galegos e galegas senón o BNG? Quen vai falar do viño galego? Quen vai falar do noso campo? Da nosa pesca? Os únicos seremos nós", finalizou.

Deputados cautivos
Pola súa banda, a portavoz nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento á mobilización nesta recta final de campaña "petando en todas as portas en todos os corazóns", sen "arrugarse" ante as enquisas e explicando as propostas do BNG desde o convencemento de que o voto realmente útil en Galiza é o voto á candidatura nacionalista. "Porque é garantía de cambio, garantía de suma para finiquitar ao PP pero, ao mesmo tempo, é garantía de que este país volve recuperar unha voz propia no Congreso", argumentou.


"En Galiza o voto realmente útil é o voto ao BNG porque sen maiorías absolutas é clave ter representantes capaces denegociar a favor de Galiza, que non vaian coas man atadas a partir do 26X", explicou. "Outros votos poden ser útiles para Rajoy, Sánchez ou Iglesias, pero inútiles para os galegos e as galegas porque non van defender os nosos intereses, non van defender o traspaso da AP-9, nin unha tarifa eléctrica galega ou saneamento das rías. Son votos cautivos que non van negociar nada para Galiza", alegou a portavoz do Bloque.


A portavoz do Bloque fixo fincapé en hai enquisas que mesmo colocan a maioría absoluta ao borde dun escano. "Nun escenario no que un só deputado pode ter a chave do próximo Executivo, o voto máis útil en Galiza é ao BNG porque non ten que pedir permiso a Rajoy, Sánchez ou Iglesias senón que pode negociar con ese goberno. Por que ese deputado que condicione ten que ser vasco, catalán ou valenciano, por que non vai ser galego?", dixo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí