Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luís Fernández décimo cuarto na Copa do Mundo de slálom e cinco medallas na 1ª Competición da Liga Galega de promoción

O teixugo Luís Fernández foi o único integrante galego , concretamente un dos tres representantes en canoa ou C1.

O teixugo Luís Fernández foi o único integrante galego , concretamente un dos tres representantes en canoa ou C1.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Junio de 2021

Fuente: Rosa Carrera

Do 11 ao 13 de xuño celebrouse  en Praga  unha das Copas do Mundo de Slálom, ao que acudiu o equipo nacional de slálom. O teixugo Luís Fernández foi o único integrante galego , concretamente un dos tres representantes en canoa ou C1.

O venres comezou a súa participación cunha primeira baixada algo lenta, cun tempo de 101,25 segundos, quedando fóra das semifinais; na segunda tentativa, fixo un percorrido rápido e sen penalizacións, cun tempo de 96.34, que o meteron en semifinais co terceiro mellor tempo.

Os trinta mellores canoístas do mundo déronse cita nas semifinais na  mañá do domingo para intentar acadar un dos dez postos das finais. Luís fixo unha boa baixada, rematando décimo cuarto que o deixaron fóra das finais, pero nunha moi boa posición.

Por outra banda, este domingo, nas augas do río Tea, na praia da Freixa en Ponteareas, celebrouse a 1ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento cunha representación de nove pequenos deportistas, que e superaron e deron o mellor de si mesmos, pero sobre todo, e o máis importante, e que pasaron unha mañá diferente e divertida, facendo amigos e actividade física.

En K1 Feminino prebenxamín, Lara Muíños foi a gañadora e Itzel del Río terceira, ouro e bronce para as nosas deportistas máis novas.

En K1 Feminino benxamín, as irmás Leila e Nerea Álvarez foron ouro e prata, respectivamente.

En K1 Masculino prebenxamín, Tiago Rey, rematou segundo, medalla de prata, por tanto.

En K1 Masculino benxamín, Alejandro Barreiro foi quinto, Lois Montenegro, sétimo, e Leo Álvarez octavo.

En K1 masculino alevín, Javier Lluch acadou a medalla de prata.

Bo comezo da liga galega de promoción para o Deportivo Miño, que rematou a xornada con cinco podios. Na clasificación por equipos, os gañador foi o Montaña Quixós de Lugo con 277 puntos, seguido  polo Tea de Mondariz con 256 puntos e no terceiro lugar o Club Deportivo Miño-Teixugos con 153 puntos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí