Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López destaca o -rotundo apoio- do voto exterior a Alfonso Rueda na provincia de Pontevedra

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, valorou esta mañá o resultado final das eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, valorou esta mañá o resultado final das eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Febrero de 2024

Fuente: PP Pontevedra

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, valorou esta mañá o resultado final das eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro despois de que culminara o reconto do CERA e o escrutinio xeral e destacou o “rotundo apoio” do voto exterior ao presidente Alfonso Rueda nesta circunscrición, o que permitíu apuntalar a vitoria dos populares superando o listón dos 230.000 votos.

 

En concreto, o PP engadíu na provincia un total de 3.609 papeletas dos electores do CERA ao resultado obtido hai oito días, o que lle confire un resultado final de 230.245 votos, que supón o 44,04% dos sufraxios válidos emitidos. “Xa estabamos moi satisfeitos do 43,97% e once deputados acadados na noite electoral, pero é certo que, aínda que pareza anecdótico, a lixeira suba cos votos da emigración, permitindo que superaramos o listón do 44%, supón outro motivo máis de ledicia”, manifestou Luis López.

 

O tamén presidente da Deputación de Pontevedra, que agradeceu o respaldo dos electores do exterior da provincia tras conceder un 48,95% e superar lixeiramente o nivel de apoio dos residentes presentes, recalcou que todos estes datos, xa definitivos, “veñen a consolidar e reforzar o magnífico resultado que a candidatura encabezada por Alfonso Rueda acadou na súa provincia e que, como xa dixemos, é o mellor dos últimos quince anos”.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí