Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López esgrime a -estabilidade, unidade e xestión- do proxecto de Alfonso Rueda fronte á -guerra política- PSOE-BNG en Pontevedra e ata dez concellos da provincia

Revelou que os conflitos entre socialistas e nacionalistas tamén se reproducen, con graves prexuízos para os cidadáns, no Grove, Silleda, Vilagarcía, Gondomar, Redondela, Tui, Catoira, Moaña ou Tomiño

Revelou que os conflitos entre socialistas e nacionalistas tamén se reproducen, con graves prexuízos para os cidadáns, no Grove, Silleda, Vilagarcía, Gondomar, Redondela, Tui, Catoira, Moaña ou Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Enero de 2024

Fuente: PP Pontevedra

O presidente provincial do PP, Luis López, vén de manter unha reunión de traballo cos 26 membros da candidatura pola circunscrición de Pontevedra para as próximas eleccións autonómicas e, na mesma, esgrimíu a “estabilidade, unidade e xestión” do proxecto liderado por Alfonso Rueda fronte á “guerra política constante e interminable” entre PSOE e BNG que se pode apreciar no Concello de Pontevedra e ata unha decena de municipios da provincia.

 

Por elo, o tamén máximo responsable da Deputación de Pontevedra instounos a “traballar desde xa coa máxima intensidade para convencer aos 773.000 electores da provincia e volver de novo, como fai sempre o PP estando ao carón da xente, a todos os recunchos do noso territorio co obxectivo de explicarlles a necesidade de manter o rumbo de crecemento e seriedade que garante Alfonso Rueda desde a Xunta fronte ao terrible desgoberno que suporía un multipartito de esquerdas, agravado polas súas políticas radicais moi alonxadas dos intereses dos veciños de Pontevedra”.

 

Luis López calificou de “lamentable espectáculo” a situación de parálise que vive o Concello de Pontevedra polos “egos e os enfrontamentos” de socialistas e nacionalistas e advertíu aos membros da candidatura de que “este caos ten risco de reproducirse na Xunta, co conseguinte grave prexuízo para os cidadáns, se o PP non ten maioría absoluta o vindeiro 18 de febreiro e iso pode pasar por un só voto, así que é necesario explicarllo a toda a xente da provincia para obter a súa confianza maioritaria”.

 

Neste senso, o presidente do PP pontevedrés lembrou que os conflitos entre PSOE e BNG despréganse por toda a provincia e lamentou os casos do Grove, Silleda -onde o BNG nin sequera asistíu ao pleno de investidura da nova alcaldesa en sinal de protesta-, Gondomar, Tui, Moaña, Tomiño, Catoira e, especialmente, os de Vilagarcía de Arousa e Redondela, “que son a terceira e cuarta cidades da provincia e onde ningunha destas formacións foron as máis votadas, xa que nelas as eleccións foron gañadas polo PP”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí