Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López subliña que só o PP e Roberto Carrero poden liderar o cambio de rumbo que necesita A Guarda

O candidato di que -saímos con todo e con todos, este concello non pode esperar máis. A única alternativa seria ao desgaste deste Goberno é o Partido Popular-.

O candidato di que -saímos con todo e con todos, este concello non pode esperar máis. A única alternativa seria ao desgaste deste Goberno é o Partido Popular-.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Noviembre de 2022

Fuente: PP de Pontevedra

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, subliñou que hoxe comeza o cambio da Guarda, que desembocará en maio cunha vitoria electoral rotunda do Partido Popular neste concello, “porque temos o mellor candidato e o mellor equipo, porque ofrecemos ao pobo da Guarda o proxecto que necesita e, sobre todo, porque os guardeses queren e precisan un cambio de rumbo que só poden liderar Roberto Carrero e o PP”.

 

Foi durante o mitin de presentación de Roberto Carrero como candidato á alcaldía da Guarda nas municipais de maio, no que tamén participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana. “Este cambio é urxente, tras case 16 anos de tombos dos distintos gobernos socialistas, de alcaldes que non cren neste concello nin nas súas potencialidades e que, neste longo tempo, non contribuíron en nada ao seu desenvolvemento”.

 

Sobre o candidato, López subliñou “a súa valía, os seus bos resultados e a construción dunha alternativa seria nestes anos para A Guarda. Ten grande capacidade para detectar os problemas e a intelixencia para ofrecer solucións. Reúne todos os requisitos para ser o mellor alcalde que pode ter A Guarda, unha persoa que lidera e que se responsabiliza, unha persoa que sabe o que convén ao seu concello”.

 

Durante a súa intervención, recordou que o PP xa gañou as eleccións en 2019. “Cómpre lembralo, porque hai moitos alcaldes do PSOE e do BNG que andan por aí presumindo de resultados cando debían ter máis humildade e recoñecer que, na maioría dos casos, eles so poden gobernar con cativos pactos de perdedores, como é o caso da Guarda, que non levan aos concellos a ningunha parte”. Por iso, pediu a todos “empuxe, seguir traballando unidos e estar coa xente. Escoitala, detectar os seus problemas e plantexarlles as nosas solucións, para conseguir en maio unha maioría absoluta que permite a Roberto ser alcalde da Guarda”.

 

Pola súa parte, o candidato amosouse “ilusionado e con moitas gañas” para afrontar estes meses ata as eleccións de maio. “Saímos con todo e con todos, A Guarda non pode esperar máis. A única alternativa seria ao desgaste deste Goberno é o Partido Popular. O único partido que pode garantir futuro e crecemento para A Guarda é o PP”, sinalou. Ademais, dixo que a estas alturas, “xa todos os veciños saben que votar ao PSOE ou BNG é exactamente o mesmo, é dar continuidade a un goberno sen rumbo e sen gañas”.

 

COMPROMISO DA XUNTA COA GUARDA

Durante a presentación, Luis López destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa Guarda. “Este concello sostívose estes anos grazas a un forte compromiso do Goberno galego con importantísimos investimentos, que se contrapoñen á xestión socialista e que demostran que o PP si quere á Guarda”, e puxo como exemplos a nova escola infantil, os obradoiros de emprego, potentes reformas no colexio e no instituto da Sangriña, accións turísticas, a reactivación do transporte do ferri para persoas, os investimentos no porto e nas infraestruturas do sector do mar, os avances na autovía...

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí