Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luisa Piñeiro anuncia que a xunta concede 192.000? en subvencións a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño

? A delegada territorial de Pontevedra e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitan a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, que recibe unha axuda de 25.523?

? A delegada territorial de Pontevedra e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitan a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, que recibe unha axuda de 25.523?

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Enero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, anunciou hoxe que o Goberno galego vén de conceder, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, 192.414€ a seis asociacións e dez comercios das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta para impulsar investimentos por 289.375€ no marco de senllas liñas habilitadas para apoiar ao sector a través dos colectivos e da orde de impulso á innovación, a dixitalización e as novas formas de comercialización dos establecementos.

 

En concreto, o executivo galego concedeu 124.091€ en subvencións ás entidades Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui), Centro Comercial Aberto da Guarda, Adeto Tomiño, Mercado Municipal de Tomiño, Asociación Local de Comerciantes de Ponteareas e Praza de Abastos de Ponteareas para o desenvolvemento de diversos proxectos que mobilizarán 169.514€ para a promoción deste ramo.

Paralelamente, tamén se outorgaron 68.323€ en axudas a dez establecementos comerciais destas bisbarras para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento global de 119.861€. Entre os beneficiarios figuran catro establecementos de Tui, dous da Guarda e un de Tomiño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Crecente.

 

Por este motivo, Luisa Piñeiro desprazouse, xunto ao director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, ata a vila tudense para manter un encontro co presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco Lorenzo, e outros representantes do colectivo, xa que é unha das entidades beneficiarias dos apoios da Xunta ao recibir unha das máximas achegas, 25.523€, para impulsar ao sector no municipio cun investimento de 34.030€. Esta contía orientarase a gastos de funcionamento –incluíndo medidas de protección fronte á covid-19-, accións de dinamización comercial, como un vehículo de reparto, e campañas de fidelización como as do Venres Negro, o Nadal, o Día dos Namorados, os desfiles solidarios ou a feira de oportunidades.

 

Os representantes autonómicos, que visitaron a sede da asociación no centro da localidade, interesáronse polos proxectos impulsados e amosaron a súa confianza en que “sirvan, co apoio do Goberno galego, para manter unha boa actividade comercial malia os difíciles momentos actuais pola crise da covid-19 e para colaborar cunha entidade que está a piques de cumprir o seu 25 aniversario e que rebasa o cento de asociados, que teñen a súa propia historia cada un e aos que lles queremos amosar toda a nosa proximidade e colaboración”.

 

Estamos a apoiar decididamente ao comercio, porque cremos que é un sector estratéxico e fundamental tanto para Tui como para os demais municipios das bisbarras do sur de Galicia. E por iso sostemos e reafirmamos o noso compromiso con eles, xa que xeran moito emprego e riqueza, son os que dan vida ás nosas vilas e ademais, no caso do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, demostran unha gran valentía e emprendemento, xa que coas axudas recibidas pretenden impulsar investimentos por preto de 300.000€”, detallou a delegada territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí