Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba destaca a colaboración entre a Garda Civil e a GNR para garantir a seguridade no Camiño de Santiago

A subdelegada informou do adianto da posta en funcionamento da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino, tras a boa acollida que tivo o pasado verán

A subdelegada informou do adianto da posta en funcionamento da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino, tras a boa acollida que tivo o pasado verán

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2022

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe en Tui no acto de presentación dos medios destinados a garantir a seguridade no Camiño Portugués. Á presentación tamén asistiu o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal.

O acto de presentación tivo lugar tras a reunión mantida entre a Garda Civil e a G.N.R. portuguesa para abordar a coordinación e cooperación entre ambos corpos no marco do Plan de Turismo, así como a validación da operación “Bon Camiño” e o intercambio de información transfronteiriza. 

Durante a súa intervención, a subdelegada quixo pór en valor a importancia da colaboración transfronteiriza entre os corpos policiais españois e lusos para velar pola seguridade no Camiño Portugués. “Un traballo que afianza a cooperación que existe entre as forzas de seguridade de ambos países e que permite garantir que os peregrinos que transitan esta ruta o fan nas mellores condicións”, subliñou.

Así mesmo, Maica Larriba informou da reactivación da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino (OMAP) de Pontevedra “que desde o mes de maio xa está a traballar para garantir a seguridade nas catro rutas xacobeas que atravesan a nosa provincia”.

As Oficinas Móbiles creáronse hai un ano dentro do Plan de Seguridade Xacobea e demostraron o seu éxito. “Entre o 1 de xullo e o 13 de outubro do ano pasado a oficina desta provincia deu resposta ás necesidades de información e de seguridade de máis dun millar de peregrinas e peregrinos, realizando preto de 1.200 actuacións en 106 días de operativo”, informou. A meirande parte das intervencións realizadas foron auxilios de tipo informativo, mecánico ou sanitario.

Maica Larriba destacou que “estes datos tan positivos, que evidencian o bo resultado desta iniciativa, tanto no número de actuacións como na percepción dos peregrinos e peregrinas, alentáronnos a continuar ofrecendo este servizo e a facelo desde máis cedo”. Xa que segundo explicou “este ano a Oficina púxose en funcionamento xa desde este mes co obxectivo de ofrecer de maneira áxil e eficiente información, auxilio e protección aos miles de peregrinos e peregrinas que percorren nestes meses os 278 kilómetros de Camiño da nosa provincia”.

 “En definitiva, esta iniciativa é unha mostra máis do compromiso co Xacobeo e con Galicia deste Goberno, e neste caso da Garda Civil, que é a institución policial encargada de garantir a seguridade no camiño e responsable do seu éxito”, concluíu.

Boa acollida

As Oficinas Móbiles son vehículos acondicionados para funcionar como oficinas itinerantes nas que os axentes da Garda Civil dispoñen dos medios necesarios para dar atención aos peregrinos que requiran dos seus servizos.  Desde elas, os axentes poden tramitar denuncias, proporcionar información e ofrecer asesoramento policial.

Habitualmente, están integradas por tres axentes, dispoñen dun horario flexible e sitúanse nos puntos estratéxicos onde hai máis concentración de peregrinos.

No primeiro ano de funcionamento destas unidades, a Garda Civil despregou catro oficinas OMAP nos Camiños de Santiago. Tres delas estiveron destinadas a Galicia, en concreto ás rutas nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. A cuarta estivo destinada fóra de Galicia.

A acollida dos peregrinos e peregrinas deste servizo é moi positiva, sobre todo polo feito de dispoñer ao longo da ruta de servizos que ata agora obrigaban a desprazarse ata un posto ubicado nunha vila máis próxima, como presentar denuncias ou realizar trámites de documentación e información policial.

No caso de Pontevedra, estas Oficinas Móbiles contan tamén coa colaboración dos axentes que prestan servizo cada verán en zonas turísticas de Galicia e que proceden de corpos policiais extranxeiros como a GNR de Portugal ou os carabinieri italianos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones