Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba destaca a reforma integral da Sangriña como exemplo da dimensión social do Plan de Recuperación

O MITMA destinou case 400.000 euros a cofinacniar este proxecto a través do PIREP Local

O MITMA destinou case 400.000 euros a cofinacniar este proxecto a través do PIREP Local

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2023

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, subliñou hoxe a dimensión social que está a ter o Plan de Recuperación do Goberno a través do impulso á mellora dos servizos públicos municipais, que se exemplifica nos 385.754 euros que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) lle concedeu ao Concello da Guarda para cofinanciar a rehabilitación integral do complexo deportivo da Sangriña no marco do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para Entidades Locais (PIREP Local).

A subdelegada participou hoxe na inauguración das obras e puxo como exemplo á localidade pontevedresa de como “o Plan de Recuperación chega a todo o territorio para mellorar a calidade de vida dos cidadáns”. “O PIREP Local é unha mostra do esforzo do Goberno para apoiar as principais demandas dos concellos”, incidiu, ao tempo que aclarou que “digan o que digan algúns os fondos europeos están chegando a toda Galicia con moita forza”. Nesta liña, recordou que máis da metade dos preto de 2.000 millóns de euros do Plan de Recuperación que o Goberno xa despregou en Galicia están sendo directamente xestionados pola Xunta a quen lle reclamou “traballo e dilixencia” na súa tramitación “para que esta oportunidade única siga chegando a toda a cidadanía”.

A subdelegada sinalou que “o da Sangriña é un dos 17 proxectos que o Goberno financia a través do PIREP Local na provincia de Pontevedra, cun investimento total de 12,1 millóns de euros dos 27 millóns concedidos a Galicia”. “Ademais, Pontevedra é a terceira provincia de España que máis proxectos vai sacar adiante no marco deste programa, con doúas actuacións concedidas á Deputación e 15 a concellos, polo que se beneficiarán de maneira directa case medio millón de habitantes da provincia”

Maica Larriba indicou que a remodelación integral da Sangriña “suporá un antes e un despois para este edificio público, emblema da localidade”, lembrando que “é unha das dotacións deportivas máis importantes de toda a provincia e de Galicia, casa do Mecalia Guardés, o club feminino de balonmán de referencia que segue levando con orgullo o nome da Guarda por toda Europa”.

Finalmente, a subdelegada puxo esta actuación como “exemplo de colaboración entre administracións” e subliñou que o proxecto ten nome e apelido, o do alcalde, Antonio Lomba, a quen lle deu os parabéns pola “magnífica xestión e traballo incansable para facer realidade esta ambiciosa ampliación que dá resposta a unha vella demanda da cidadanía deste municipio”. “Es un exemplo de alcalde que demostra o seu compromiso político e a súa capacidade para buscar fondos en todas as administracións cando se trata de mellorar os servizos públicos”, engadiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí