Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba garante un amplo dispositivo de seguridade para as Festas do Monte da Guarda

A romaría de subida ao monte contará cun escuadrón de cabalaría da Garda Civil e Tráfico activará numerosos controis móbiles e aleatorios de alcohol e drogas nos principais accesos e saídas da localidade

A romaría de subida ao monte contará cun escuadrón de cabalaría da Garda Civil e Tráfico activará numerosos controis móbiles e aleatorios de alcohol e drogas nos principais accesos e saídas da localidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2022

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu a Xunta Local de Seguridade do Concello da Guarda, xunto o alcalde, Antonio Lomba. Tamén asistiu o coronel xefe provincial da Garda Civil, Simón Venzal, e outros responsables do corpo, así como da Policía Local e da seguridade municipal. O tema principal do encontro tivo relación coa celebración das súas tradicionais Festas do Monte que se recuperan tras dous anos sen terse celebrado por mor da pandemia de covid-19. Deste xeito, a xuntanza centrouse en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o desenvolvemento dos actos desde multitudinario evento que terán lugar entre o 6 e o 15 de agosto, cos días grandes nas xornadas do 12, 13 e 14.


Así, Maica Larriba supervisou os operativos necesarios para o bo desenvolvemento destes festexos, que pasan por establecer unha ampla coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil para garantir a seguridade. Entre as accións que se van levar a cabo, un escuadrón de cabalaría da Garda Civil participará no dispositivo do día grande da festa o domingo, día 14, coa romaría da subida ao monte. Do mesmo xeito, contarase coa presenza da compañía de reserva da comandancia de Pontevedra que reforzará o posto da Guarda.


Doutra banda, a Garda Civil de Tráfico activará controis de circulación móbiles e aleatroios nos principais accesos e saídas da localidade, dispoñendo de varias patrullas para a realización de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores. Ademais, servirán de apoio aos axentes da Policía Local, garantindo o bo desenvolvemento das actividades festivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí