Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba mantén unha reunión coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia para deseñar o operativo de seguridade ante o fin de ano

A Garda Civil reforzará os servizos naquelas zonas que constitúan un previsible foco de problemas, prestando especial atención á franxa comprendida entre as 3 e as 6 horas da mañá

A Garda Civil reforzará os servizos naquelas zonas que constitúan un previsible foco de problemas, prestando especial atención á franxa comprendida entre as 3 e as 6 horas da mañá

Fecha: 31 de Diciembre de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe a reunión telemática de coordinación cos principais mandos das Forzas e Corpos de Seguridade da provincia con motivo dos dispositivos de seguridade que se porán en marcha para garantir o cumprimento das normas sanitarias durante a noite de fin de ano.

A reunión desenvolveuse no marco das accións e operativos preventivos da loita contra o COVID-19 ante a alta incidencia e ritmo de contaxios na provincia e na Comunidade Autónoma. Neste sentido, os mandos policiais analizaron as previsións das limitacións e restricións impostas pola Xunta de Galicia dende a madrugada do 31 de decembro ata o 18 de xaneiro, tanto en relación cos novos horarios da hostalería e restauración como en aforos, toque de queda e ocio nocturno.

Os operativos deseñados para a cidade de Pontevedra pola Policía Nacional en colaboración coa Policía Local establecen un dispositivo especial para previr a celebración de botellóns e dar cumprimento as demais medidas restritivas impostas pola Xunta de Galicia fundamentalmente en zonas de ocio nocturno, parques e a praia fluvial.

En Vigo, a Policía Nacional activará un dispositivo especial de aninovo que reforzará a vixilancia na rúa de Príncipe, nas zonas de iluminación de Nadal e no entorno de Vialia, así como naquelas zonas onde a mocidade adoita reunirse para a celebración de botellóns. As actuacións levaranse a cabo en colaboración coa Policía Local e contarán coa apoio de equipos das Unidades de Prevención e Reacción (UPR).

Pola súa banda, a Garda Civil reforzará os servizos naquelas zonas que constitúan un previsible foco de problemas, prestando especial atención á franxa comprendida entre as 3 e as 6 horas da mañá. No caso de aparecer puntos con maior conflitividade, acudirán as unidades de reserva.

A subdelegada do Goberno destacou a importancia da colaboración e coordinación institucional como elementos fundamentais para minorar a propagación e transmisión comunitaria do virus. Non obstante, Larriba quixo insistir na “importancia da responsabilidade individual para frear esta nova onda, que está a ter unha importante incidencia en numerosos municipios da provincia”. 

Ademáis da subdelegada, tamén asistiron a comisaria xefa provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma, a inspectora xefa accidental da Comisaría de Vigo-Redondela, Purificación Álvarez, o xefe accidental da Brigada Local de Seguridade Cidadá en Vigo, Antonio Fuentes, o tenente coronel da Garda Civil, Manuel Touceda, e a secretaria xeral da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María Isabel Alonso.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí