Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba pon a Flores Toxal como exemplo do apoio do Goberno ás empresas para mellorar a eficiencia enerxética e favorecer a transición ecolóxica

A empresa acaba de recibir unha axuda do IDAE de 176.000 euros para a instalación dun sistema de produción de enerxía xeotérmica

A empresa acaba de recibir unha axuda do IDAE de 176.000 euros para a instalación dun sistema de produción de enerxía xeotérmica

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Marzo de 2022

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou esta mañá os invernadoiros de Flores Toxal en Salcidos (A Guarda) para coñecer de primeira man o proxecto de produción de enerxía xeotérmica financiado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) por un importe de 176.000 euros

O novo sistema de enerxía xeotérmica, que pretende reducir os altos custos derivados do sistema de calefacción do invernadoiro, enmárcase nas liñas de axuda para a produción de enerxía térmica e xeración de enerxía eléctrica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Tal e como salientou a subdelegada “estas dúas convocatorias financiaron na provincia 8 proxectos innovadores de xeración de enerxías renovables por un importe de 3,9 millóns de euros”.

Maica Larriba destacou que “estas novas instalacións de fontes renovables non só contribúen a reducir a emisión de gases contaminantes e a dependencia enerxética, senón que axudan a manter a actividade industrial e o emprego na provincia, sendo ademais un magnífico exemplo da colaboración público-privada que promove o Plan de Recuperación do Goberno”.

Flores Toxal, un exemplo da importancia do sector floricultor na provincia

Durante a súa visita, a subdelegada, que estivo acompañada do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba. e os responsables da empresa Serafín Domínguez e Alfonso Álvarez, quixo tamén salientar a importancia da floricultura na provincia. “Son moitas as empresas que, como Flores Toxal, levan os seus produtos alén das nosas fronteiras, exportando e importando flores e plantas desde o Baixo Miño”. 

Neste sentido, Maica Larriba destacou que segundo os datos proporcionados polo Posto de Control Fronteirizo de Vigo, durante o 2021 exportáronse máis de 390.883 quilos de flores e plantas ornamentais, sendo Reino Unido e Brasil os principais destinatarios das exportacións realizadas desde o porto vigués. En canto ás importacións, no 2021 as empresas da provincia importaron máis de 51.889 quilos de plantas e flores desde Colombia, Ecuador ou Costa Rica.

A subdelegada explicou que a pesar de que a meirande parte deste tipo de operacións neste sector faise por vía aérea debido a fraxilidade e tempos de vida do produto, “os tráficos marítimos rexistrados evidencian o peso dun sector relevante para a economía da nosa provincia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí