Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba saúda a iniciativa de dinamización turística a través do Miño no sur da provincia

A subdelegada do Goberno en Pontevedra asistiu á inauguración da nova oficina de turismo de Tui, financiada no marco do proxecto -Río Miño navegable-

A subdelegada do Goberno en Pontevedra asistiu á inauguración da nova oficina de turismo de Tui, financiada no marco do proxecto -Río Miño navegable-

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Febrero de 2022

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, asistiu hoxe á inauguración da nova oficina de Turismo do Concello de Tui. No acto participaron tamén o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias.

Durante a visita ás novas instalacións, a subdelegada do Goberno quixo felicitar ao alcalde de Tui por “leva a cabo esta iniciativa que apuntala o crecemento turístico do sur provincia e que se enmarca nun proxecto máis amplo, “Río Miño, destino navegable”, financiado con fondos europeos e que consolida o río Miño como un valor engadido para as cidades da súa contorna”.

Durante a posterior visita ao casco vello da localidade, a subdelegada puxo de manifesto a importancia desta vila como axente de dinamización turística no Baixo Miño. “Tui é a porta do Camiño Portugués a Santiago de Compostela e a súa relevancia histórico-patrimonial é hoxe un elemento catalizador do desenvolvemento económico da comarca do Baixo Miño. E neste sentido, desde o Goberno de España estamos a traballar por preservar o seu valor con proxectos que suman unha inversión superior ao 1,5 millóns de euros”, explicou.

Maica Larriba citou, entre outras, as iniciativas que desenvolve o Executivo na cidade, como a vinculada ao museo catedralicio de Tui, o plan de rehabilitación de vivendas no casco histórico ou a posta en valor do Cárcere Vello, que está enmarcada no Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22. 

A subdelegada do Goberno destacou tamén a actuación na estrada N-551 que, cunha inversión de 500.000 euros, permitirá humanizar a entrada en España do Camiño Portugués.

No que respecta ao museo catedralicio de Tui, trátase dunha actuación vinculada ao 1,5% Cultural do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e que conta cun orzamento total de 586.000 euros, dos cales o Goberno aporta 440.000 euros.

En canto ao plan de vivenda, o investimento ascende no casco histórico da localidade a 48.400 euros. Así mesmo, a achega do Goberno para a recuperación do Cárcere Vello co obxectivo de crear un centro de acollida de visitantes e peregrinos ascende a 400.000 euros.

En definitiva, unha serie de inversións que evidencian o compromiso do Goberno coa provincia de Pontevedra e, en concreto, coa de Tui, o seu patrimonio e o seu desenvolvemento turístico”, explicou a subdelegada.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí