Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba subliña a máxima colaboración dos CFSE coa Xunta para facer cumprir as normas da Covid-19

A subdelegada do Goberno recalca o compromiso da Garda Civil da Policía Nacional e da propia Subdelegación con toda a normativa establecida pola Xunta.

A subdelegada do Goberno recalca o compromiso da Garda Civil da Policía Nacional e da propia Subdelegación con toda a normativa establecida pola Xunta.

Fecha: 14 de Agosto de 2020

Fuente: Delegación do Goberno en Ponte

A subdelegada de Goberno, Maica Larriba, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia cos mandos da Garda Civil e da Policía Nacional na provincia para analizar a situación tras a nova normativa da Xunta de Galicia en materia de loita contra a Covid-19 publicadas no día de onte do Diario Oficial de Galicia.

Larriba subliñou que os corpos e forzas de seguridade do Estado veñen colaborando e facendo cumprir a normativa da comunidade autónoma dende o mesmo día de levantamento do Estado de Alarma "momento en que as competencias lexislativas correspóndelle as comunidades autónomas así como o seu proceso sancionador".

Na xuntanza telemática participaron o coronel xefe da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal; a comisaria xefe accidental do Corpo Nacional da Policía da provincia, Monserrat Hernández; e o comisario xefe de Vigo, Carlos Valcarcel. A subdelegada agradeceulles aos mandos policiais o traballo que veñen desenvolvendo desde a declaración da pandemia, o propio Estado de Alarma e dende o momento que estableceuse a "Nova Normalidade". "Foron meses moi complicados con unha situación nunca vista no noso pais e os corpos e forzas de seguridade do Estado souberon estar a altura cumprindo con todas as directrices dende o mando único. Pero tamén tendes mantido ese mesmo compromiso coa nova normalidade e facendo cumprir coas novas normas establecidas pola Xunta de Galicia dende o pasado 12 de xuño", recordou Maica Larriba.

A subdelegada tamén salientou a coordinación que manteñen tanto a Policía Nacional como a Garda Civil coas policías locais dos concellos da provincia establecendo operativos conxuntos para facer cumprir as normas emanadas da autoridade sanitaria. "A colaboración coas policías locais ven sendo perfectas e os operativos conxuntos veñen dando resultados moi satisfactorios nas principais cidades da provincia, algo que temos que agradecer tamén aos alcaldes e alcaldesas que teñen comprendido a necesidade de axuntar criterios para cumprir as normas sanitarias", recalcou a subdelegada.

Larriba planificou os operativos que serán necesarios para aplicar a nova norma da Xunta sobre o consumo de tabaco nas rúas e nas terrazas dos establecementos de hostalería.

Por último, a subdelegada volveu a facer un chamamento a responsabilidade da cidadanía da provincia para respectar as normas e colaborar de xeito individual na loita contra a pandemia. "Sempre temos que estar a recordar que o virus aínda está entre nos e non podemos baixar a garda. Todas e todos temos unha responsabilidade para evitar a propagación da Covid e debemos ser conscientes da necesidade de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias", concluíu.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones