Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen -A pequena gran historia- da Eurocidade

A mascota Mizi entregou esta guía que pretende reafirmar a Eurocidade como destino turístico amigo das familias

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Para conmemorar o Día da Cooperación Europea, a Eurocidade Cerveira-Tomiño entregou este mércores a guía turística ‘A pequena gran historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño’ a máis de 1.000 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de ambos os dous concellos. Coincidindo co arranque do ano escolar e grazas á colaboración do profesorado, este reparto adquiriu unha dimensión máis divertida e interactiva ao ser levada a cabo polas mans da simpática mascota Mizi.

Tomiño e Vila Nova de Cerveira pretenden afirmarse así cada vez máis como un "destino amigo das familias", aproveitando as súas potencialidades naturais, patrimoniais, culturais e de lecer en prol dunha experiencia realmente única. Neste sentido, esta publicación ilustrada procura dar a coñecer os lugares máis emblemáticos a visitar neste territorio transfronteirizo.

Cun perfil moi amigable e un discurso accesible, Mizi asume o papel de guía turístico e promete conquistar a atención das familias. A través de diferentes episodios, como a vida castrexa e a chegada dos romanos, a independencia de Portugal, a Guerra da Restauración ou a Invasión Francesa, Mizi explica a evolución histórica deste territorio transfronteirizo sen esquecer a realidade actual.

O carácter didáctico arredor da historia de cada concello e das relacións transfronteirizas comúns que, de maneira informal, sempre existiron e que serían impulsadas coa constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño en 2018, xustifica esta acción destes municipios ante a comunidade escolar. Ademais de captar a atención da cativada para a singularidade desta cooperación entre dous territorios de dous países, a oferta da publicación enmárcase tamén nunha acción de incentivo a hábitos regulares de lectura.

‘A pequena gran historia - Eurocidade Cerveira Tomiño’ está contada combinando os dous idiomas, optando por usar un ou outro de acordo co idioma no que foi escrito o texto orixinal e distinguíndoo coa súa bandeira respectiva. O obxectivo é tamén destacar a proximidade lingüística, derivada dunha orixe histórica compartida, e que contribúe a reforzar aínda máis os lazos de amizade.

 

É importante salientar que a publicación é resultado da aprobación do proxecto 0780_AMIZADE - Institucionalización Estratéxica da Cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do INTERREG V-A POCTEP 2014-2020.

Destácase tamén que o Día da Cooperación Europea celébrase anualmente o 21 de setembro con múltiples accións dinamizadas en diversas rexións de Europa que buscan subliñar o potencial e a riqueza cultural presentes nos diferentes países que forman parte da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí