Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Mais de 10.000 usuarios de Tomiño non teñen médico neste momento

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño volveu sair a rúa.

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño volveu sair a rúa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Octubre de 2023

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica de Tomiño

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño volveu sair a rúa.

A finais de Setembro estiveron recollendo reclamacións de usuarios e pacientes en Goián para esixir  a reapertura do Consultorio. Estas reclamacións foron presentadas no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o dia 27 de Setembro pero a día de hoxe, 25 de Outubro non temos ningún tipo de notificación ao respeto.

Estes escritos van dirixidos ao Conselleiro de Sanidade D. Julio García Comesaña e ao Xerente de Área D. Javier Puente Prieto.

O Consultorio de Goián está totalmente rematado e pronto para dar Servicio Médico ás mais de 1.600 cartillas que alí se atendían.

É  un auténtico despropósito e estamos indignados e preocupados o que está acontecer con este Consultorio.

Moitas Veciñas deixaron xa de acudir ao seu médico. Outros, con patoloxías crónicas, teñen que facer un desembolso importante en transporte privado(taxi) para acudir a Tomiño, sen ningún tipo de axuda.

Temos que lembrar que existe moita poboación maior  que necesita ir con frecuencia ao médico. E agora que entramos na estación invernal mais ainda.

A Plataforma aproveita tamén para seguir reivindicando  o cuberto que se nos prometeu  para o Centro de Saúde de Tomiño. Estamos xa na época de choivas e esa cuberta na entrada do Centro parécenos esencial,  como así nolo recoñoceron, tanto o Xerente como a anterior Directora de Atención Primaria, tanto  para dar cobixo  aos pacientes que baixan dunha ambulancia como aos que acuden no seu propio vehículo.

A Plataforma tamén aproveita para denunciar o que está a acontecer no Centro Médico de Tomiño.

Dunha plantilla de 8 médicos, a día de hoxe 25 de Outubro, so estaban pasando consulta 3(TRES) INTOLERABLE MÁIS DE 10.000 USUARIOS DE TOMIÑO NON TEÑEN MÉDICO NESTES MOMENTOS. Polo tanto conseguir unha cita ordinaria ou presencialcun médico ronda os 21(VINTEÚN) días.

A Saturación dos que consultan é abrumadora e corremos o risco de que nos desvien a TUI para consultas ordinarias.

Dende a Plataforma pedimos repecto para o Personal Sanitario, pero debemos protestar e poñer reclamacións ante o SERGAS, PARA QUE SOLUCIONE ESTA DESFEITA.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí