Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 1.100 persoas pasaron no mes de marzo pola nova Oficina Municipal de Turismo de Tui

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitan

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitan

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tui

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitantes e 121 a peregrinos.

Do total de 1.031 visitantes 960 eran españois, e 71 de orixe internacional. Entres os visitantes nacionais destacan 413 de Galicia, 135 de Madrid, ou 60 de Alava. Entre os estranxeiros rexistráronse  53 visitantes de Francia, 21 de Arxentina, 10 de Portugal, e 5 de Alemaña, entre outros.

En marzo 121 peregrinos se achegaron até a Oficina de Turismo na súa nova localización. O cambio incide negativamente no rexistro de peregrinos que se realiza xa que antes este punto de información turística se situaba en pleno Camiño. Das persoas que estaban a realizar o Camiño e demandaron información 62 eran españolas, procedentes de  Cuenca (8), Badajoz (6), Murcia (6), Valencia (4), Castellón (4), Zamora (3) Alicante (3), Navarra (3)… e 59 procedían doutraso países: Alemaña (19), Portugal (14), Italia (10), R. Unido (4), Brasil (3), R. Checa (2), Dinamarca (2)...

Comparando os datos do mes de marzo cos de 2019, previo á aparición da covid, se rexistrou un substancial incremento de visitantes pasando dos 243 turistas ( 23 estranxeiros e 220 españois) aos actuais 1.031 visitantes.  Mentres hai tres anos se atenderon 123 peregrinos (110 internacionais e 13 españois) e este ano 121.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, amosa a súa satisfacción por este datos estatísticos da afluencia de visitantes pois evidencian o atractivo da nosa cidade tamén nun mes fóra das tempadas turísticas tradicionais. Tamén os Camiños Portugueses de peregrinación a Santiago de Compostela, que teñen en Tui a porta de entrada en Galicia, continúan aportando un crecente número de peregrinos recuperando cifras de anos anteriores a pandemia.

Para o rexedor tudense estes datos de afluencia turística representan tamén unha grande responsabilidade para o futuro pois cómpre seguir traballando para mellorar a nosa oferta turística e para incrementar a súa calidade, un traballo que ten que desenvolverse conxuntamente entre a administración pública e o sector turístico, pois unicamente compartindo sinerxías é posible mellorar e avanzar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí