Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 1200 imaxes do fotógrafo tudense Juan Vila ingresan no Arquivo da Imaxe de Tomiño

Para recoller este valioso material, a alcaldesa visitou o domicilio da familia, en Tui, e agradeceu este grande legado para o patrimonio da vila

Para recoller este valioso material, a alcaldesa visitou o domicilio da familia, en Tui, e agradeceu este grande legado para o patrimonio da vila

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A familia do fotógrafo tudense Juan Vila Botanes, xa falecido, vén de facer unha importante achega de máis de 1200 imaxes en papel relacionadas con Tomiño. O préstamo das fotografías, que lle serán devoltas unha vez se copien en formato dixital, pasarán a formar parte do futuro Arquivo da Imaxe de Tomiño, actualmente en fase de creación.

 

Nun primeiro reconto de aproximación contáronse 1281 fotografías, coidadosamente conservadas, o que foi posible grazas á xenerosidade da familia do fotógrafo tudense (1917-1990).

 

Para recoller este valioso material, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, achegouse ata o domicilio da familia, en Tui, á que visitou e agradeceu personalmente á viúva de Juan Vila, Carmen Pérez Rosende, o importante legado para o patrimonio da vila. “Esta impresionante achega, tanto polo seu tamaño como como polo interese documental e de calidade das obras, formarán a Colección Juan Vila Botanes. Tomiño. Deste xeito preténdese valorar e divulgar a obra realizada no noso territorio", explicou a rexedora tras a visita.

 

Sandra González lembra que “temos que recoñecer o papel imprescindible destas dúas mulleres, Carmen e a súa filla Loli, pola súa participación profesional na obra de Juan Vila”.

 

“Grazas á constancia e bo facer de Carmen Pérez Rosende conservando e mimando este arquivo fotográfico, hoxe podemos coñecer esta obra íntegra, sen as perdas, espolios ou destrucións que sufriron outros arquivos fotográficos.

 

A colección recolle gran parte da actividade do fotógrafo no territorio de Tomiño. As diversas parroquias están representadas por moitas instantáneas e, no aspecto cronolóxico, son maioría ás que pertencen á década dos anos ‘50 (século XX).

Sobresae a temática relacionada con festas e romarías: as procesións, as regueifas que portaban as “maiordomas”, o baile, os xantares campestres, a participación de nenas e nenos en danzas e carros triunfais, os retratos de grupo e demais aspectos en que se mesturan a relixiosidade popular e o divertimento.

 

O futuro Arquivo de Imaxe de Tomiño está en pleno proceso de formación e conta xa cunhas 9000 fotografías recollidas de diferentes fontes, incluída a veciñanza do municipio e arredores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí