Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 150 nenas e nenos piden ao Concello máis campañas de concienciación e formación sobre reciclaxe e cambio climático

O pleno infantil celebrouse coa participación dos coles de infantil e primaria e tamén do IES Antón Alonso Ríos

O pleno infantil celebrouse coa participación dos coles de infantil e primaria e tamén do IES Antón Alonso Ríos

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Máis campañas de concienciación sobre o cambio climático e obradoiros de formación en temas de reciclaxe, redución de plásticos, outros usos do monte, especies autóctonas, eliminación de plantas invasoras ou  hortas ecolóxicas, foron só algunhas das demandas e propostas realizadas polos máis de cen estudantes de 5º de primaria dos coles de Barrantes, Goián, Sobrada, Tebra e Pedro Caselles, no pleno do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que tivo lugar hoxe no auditorio ao aire libre do Espazo Fortaleza (Goián).

 

O tema tratado na sesión de carácter extraordinario que tiña como fin conmemorar a Semana e o Día Internacional da Infancia, foi “O Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible”.

 

No pleno, no que tamén houbo representantes do IES Antón Alonso Ríos e do CRA Mestre Manuel Garcés, estivo presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e Meli Rodríguez,  en representación de Unicef Vigo. As dúas agradeceron as numerosas propostas dos escolares, asegurando a alcaldesa que tomaría boa nota de moitas moi interesantes e cheas de sentido común, nas que o goberno local poríase a traballar de inmediato.

 

Meli Rodríguez, pola súa banda, foi a encargada de pechar o acto, salientando o nivel das propostas escoitadas e animando ao alumnado a comezar a traballar dende o individual para enfrontar o tema prioritario da emerxencia climática. “Cada un de nos pode coidar o medio con pequenas accións que son as que conseguirán cambiar o mundo”, afirmou a representante de Unicef Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí