Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 200 PERSOAS E 10 CARROZAS PARTICIPARÁN ESTE LUNS NA CABALGATA INTERNACIONAL DE REIS ENTRE VALENÇA E TUI

O próximo luns, 5 de xaneiro, celébrase a Cabalgata Internacional de Reis na que os reis magos Melchor, Gaspar e Baltasar iniciarán o seu percorrido en Valença para rematar no casco urbano de Tui.

O próximo luns, 5 de xaneiro, celébrase a Cabalgata Internacional de Reis na que os reis magos Melchor, Gaspar e Baltasar iniciarán o seu percorrido en Valença para rematar no casco urbano de Tui.

Fecha: 05 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O próximo luns, 5 de xaneiro, celébrase a Cabalgata Internacional de Reis na que os reis magos Melchor, Gaspar e Baltasar iniciarán o seu percorrido en Valença para rematar no casco urbano de Tui.

 

A comitiva real, integrada por máis de 200 persoas, 10 carrozas, e varios vehículos coma os dos Bombeiros Voluntarios de Valença, a Policía Local de Tui ou Protección Civil, partirá ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença. O percorrido, no que se repartirán máis de 1.200 quilos de caramelos sen gluten, continuará pola Avenida dos Bombeiros, a rotonda da Trapicheira e a Avenida de España en Valença. Os magos de Oriente atravesarán a vella Ponte Internacional para proseguir xa en terras tudenses pola Avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto González Besada e Paseo da Corredoira. Coma cada ano se agarda que miles de persoas dean a benvida aos reis no seu percorrido que culminará no Cantón de Diómedes onde farán a ofrenda a ouro, incienso e mirra ante o neno Xesús e darán lectura a súa mensaxe real. Logo recibirán a todos aqueles nenos e nenas que desexen saudalos.

 

Amais das tres carrozas reais acompañarán aos reis Magos as carrozas das Asociacións Culturais Lembranzas da Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis, Santiago de Malvas, Arume de Malvas e Xuntanza de Randufe así coma dúas máis da Cámara Municipal de Valença, unha delas realizadas polas freguesías de Cristelo Covo e Arao. A nota musical correrá a cargo da Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

 

Mentres os Magos de Oriente non chega ata o Paseo da Corredoira os nenos poderán disfrutar da compaña do Pato Donald e de Daisy que estarán na Praza da Inmaculada entre ás 18.30 e ás 20.30h.

 

A Cabalgata Internacional de Reis organizada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença non sería posible sen a colaboración por parte tudense do Grupo Scout Alhoia, Protección Civil, Policía Local, Radio Municipal de Tui, e por parte valenciana da GNR e Bombeiros Voluntarios de Valença.

 

Visita as residencias San Telmo e Paz e Ben

 

Previamente a súa participación na Cabalgata Internacional de Reis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán o luns día 5 ás 11h a residencia Paz e Ben e ás 12.15h a residencia San Telmo na compaña da Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones