Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 200 persoas visitan a Escape Room creada polo alumnado de Instalacións de Telecomunicacións do IES de Tomiño

O Seminario Menor San Paio de Tui e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, foron os dous centros visitados na última semana

O Seminario Menor San Paio de Tui e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, foron os dous centros visitados na última semana

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Escape Room deseñada polo alumnado de 2º de CM de FP de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos, vén de rematar unha exitosa xira por outros centros educativos da comarca, onde alumnado e profesorado puideron desfrutar nos recreos de diferentes xogos e probas para tentar conseguir códigos que permitían ir abrindo caixas e portas onde se atopaban novas pistas que levaban ao xogo final.

 

No remate do curso, unhas 200 persoas aproximadamente xogaron con este proxecto, entre alumnado do centro e alumnado externo, así coma profesorado e persoal do IES tomiñés. O Seminario Menor San Paio de Tui e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, foron os dous centros visitados na última semana.

 

Trátase dun proxecto innovador onde o alumnado realizou as prácticas do módulo “Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica” pero adaptadas para crear unha Escape Room. "Isto deulles unha motivación extra á hora de realizar as prácticas", explica o profesor responsable.

 

O visitantes, seguindo as pistas, conseguen abrir caixas e portas que lle darán máis pistas para avanzar no xogo e poder chegar á proba final, que consiste en desbloquear a porta da aula da Escape Room do IES de Tomiño, ou facer o propio cunha tablet na versión itinerante.

 

 Deste xeito puidose dar a coñecer unha pequena parte dos módulos impartidos neste ciclo formativo de grao medio entre oalumnado de 4º de ESO dos centros educativos da contorna, co fin de que este ciclo medio sexa unha das alternativas a seguir polos estudantes tras rematar o ensino secundario obligatorio.

 

O proxecto da Escape Room comezou a xestarse no curso 2019-2020 cunha visita á empresa  colaboradora "Eskapark" de Vigo, na que o alumnado puido ver as súas instalacións e vivir a experiencia. Isto axudou ao grupo a familiarizarse con este tipo de xogos e coller ideas para poder adaptalas a unha Escape Room.

 

Coa declaración do estado de alarma o alumnado dese curso non puido rematar o proxecto que pretendía ofertar a Escape Room tanto ao alumnado do IES  coma ao alumnado doutros centros e mesmo á veciñanza de Tomiño. Pero neste curso retomouse o proxecto coa condición de que fóra portátil e así poder dar a coñecer, dun xeito lúdico, as ensinanzas que se imparten no CM de Instalacións de telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí