Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 20.000 persoas visitaron o Mosteiro de Oia desde a re-apertura en 2019

O Mosteiro de Oia fai pública a súa III Memoria de Sostibilidade

O Mosteiro de Oia fai pública a súa III Memoria de Sostibilidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Marzo de 2022

Fuente: Real Mosteiro de Oia

O Mosteiro volve facer un exercicio de transparencia ao compartir coa sociedade os esforzos por rehabilitalo ao mesmo tempo que desenvolve unha intensa actividade cultural para manter e dar a coñecer o único Mosteiro da Orde do Císter situado á beira do Océano.

O ano 2021 estivo novamente marcado pola pandemia, e desde o Mosteiro, como desde outras moitas iniciativas culturais, tívose que convivir coas limitacións marcadas polas autoridades para continuar ofrecendo unha cultura segura, de calidade e tan ansiada polo público. A apertura volveu a limitarse aos meses do verán, dende finais de xuño a mediados de setembro. Aínda así, foron 89 días de actividades culturais, nos que non faltaron as xa tradicionais visitas guiadas, Solpores, Conversas, o teatro, contacontos con monicreques para os máis pequenos ou a celebración do evento A Emoción dos Viños, entre outros. Todo isto fixo posible recibir nesta tempada 2021 a máis de 4.800 persoas solo en visitas guiadas, unha cifra que supera a do 2020.

Ademais e coma tódolos anos, leváronse a cabo diferentes intervencións no monumento destinadas ao mantemento e coidado do Mosteiro, destacando neste sentido a finalización do Centro de Recepción de Visitantes, cuxa obra viuse retardada por mor da pandemia debido á falla de determinados materiais fundamentais para a súa finalización.

Precisamente unha intervención anterior, neste caso a relacionada ca mostra permanente “Os presos do Mosteiro”, concibida e deseñada polos arquitectos Rodriguez+Pintos, ven de recibir o Gran de Area de Aportación a Arquitectura 2021 que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia resolve cada ano.

Os traballos desenvolvidos no ano 2021 e reflictos na Memoria de Sostibilidade, seguen baseados nos trámites burocráticos necesarios para a rehabilitación integral e definitiva, nas intervencións necesarias para o mantemento do cenobio, e a posta e en valor do patrimonio, a historia e a cultura de Oia e o Baixo Miño. 

Sarah Barbará, responsable da dinamización cultural  do Mosteiro de Oia: ‘Estamos moi satisfeitos con todo o traballo realizado no ano 2021, nunha tempada que foi máis curta do que nos gustaría. Unha tempada a pesares das dificultades na que conseguimos compartir con case 5.000 persoas as marabillas dun espazo único, e sobre todo continuar cos investimentos que permiten seguir mantendo este patrimonio para o goce de todos.

Agora mesmo estamos a traballar con moitísima ilusión na tempada 2022, para ofrecer unha axenda cultural moi completa, variada e de interese para moi diferentes públicos. Esperamos ademais que esta nova tempada poida desenvolverse nun período máis amplo de tempo.

Moi pronto desvelaremos a programación 2022 e a data de apertura.’

A memoria pode ser visualizada na páxina web do Mosteiro de Oia:

https://www.mosteirodeoia.com/memoria-de-sostibilidade/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones