Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 500 deportistas danse cita na fin de semana no II Campionato de Judo Eurocidade e no III Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades.

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades. Trátase do II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado no pavillón de deportes de Valença e do III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade que se disputará no novo pavillón de deportes de Tui o domingo.

Os concelleiros de Deportes de Tui e de Valença, Laureano Alonso, e José Monte, destacaron a estreita colaboración no ámbito deportivo das dúas cidades coa celebración de 30 actividades ao longo do ano en 19 modalidades deportivas, salientando ao tempo a colaboración de todos os clubs e entidades deportivas da Eurocidade.

O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, fixo amais fincapé na repercusión positiva que este tipo de eventos deportivos teñen tanto para o turismo coma para a economía local.

Con respecto ao II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado dende ás 12.30 hora española no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, destacou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete, pertencentes a 9 asociacións e 30 clubs, 23 de Portugal e 7 de España.

O adestrador do Judo Club Valença, Rui Ferreira, destacou a implantación que o judo está a ter en Valença con 150 deportistas federados, e os pasos que se están dando tamén en Tui co Judo Club Tudense.

O domingo a cita será dende ás 10.30 hora española no novo pavillón de deportes de Tui co III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade, con entrada gratuíta. Serán algo máis de 2 horas dun espectáculo deportivo moi dinámico nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi no que participarán máis de 300 deportistas, gran parte deles premiados en campionatos nacionais e internacionais.

Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung-Fu, explicou que eventos coma este contribúen no reto de dotar ao Kung Fu de carácter internacional. Aaron Blanco, responsable de Kung-Fu Moderno, destacou a presenza de campións nacionais tanto de España coma de Portugal; e Jose Antonio Parada, director do departamento de Tai-chi, explicou que farán unha demostración tanto de Tai-Chi coma de Chui-Kung.

Eduardo Méndez Sanjurjo, director do Campionato, destacou a espectacularidade da proba e o sistema de competición que se desenvolverá en pouco máis de dúas horas ao realizarse varias probas de xeito simultáneo. Entre os participantes salientou aos deportistas locais Ángel Barros e Yasmina Mauricio, que suman máis de 40 campionatos de España.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí