Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 500 persoas listas para a nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón

A proba celebrarase este sábado 5 de marzo con dúas modalidades con diferente distancia e desnivel

A proba celebrarase este sábado 5 de marzo con dúas modalidades con diferente distancia e desnivel

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Marzo de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Trail Adventure Muíños do Folón quenta motores. O vindeiro sábado 5 de marzo arredor de 500 corredores e corredoras daranse cita no Rosal para disputar a quinta edición desta proba organizada por Noko 360 en colaboración co Concello e a comunidade de montes do Rosal. “Volvemos percorrer os nosos espazos naturais e a abrir a todas e todos os participantes os nosos muíños, sinal de identidade de valor patrimonial que temos no noso municipio”, explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante o acto de presentación desta nova edición este mércores, que contou coa presenza de Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia; Germán Fernández, concelleiro de Deportes; Serafín Martínez, director técnico da proba; e Ester Ruso, da tapería O Rolete.

Este ano as e os deportistas poderán participar nunha das dúas modalidades creadas, adaptadas a varios tipos de público: a ‘Adventure’, cun percorrido de 12 km e 450 metros de desnivel, ou a ‘Advance’, na que se deberá completar un recorrido de 21 quilómetros cun desnivel de 1.100 metros. Os dous percorridos transcorrerán de forma ascendente polos muíños do Folón, ademais de pasar por un tramo dos muíños do Picón, así como por diferentes fervenzas e zonas naturais dunha beleza paisaxística inigualable.

Nesta ocasión a saída e meta da carreira estará situadas no pavillón municipal, onde tamén haberá duchas habilitadas para as e os participantes que as precisen. A saída da proba longa será as 10.00. horas, mentres que as e os corredores da proba curta sairán da meta ás 11.00 horas.

O Trail Adventure Muíños do Folón dá o pistoletazo de saída á Pontevedra Trail League, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, que xunto co Trail do Aloia e o Trail do Trega conforman as tres probas incluídas nesta liga provincial de trail.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí