Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 60 músicos participan este xoves no concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui

No evento presentarase o novo piano adquirido polo Concello, un instrumento único en España

No evento presentarase o novo piano adquirido polo Concello, un instrumento único en España

Fecha: 15 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Máis de sesenta músicos participarán no tradicional concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui. A cita dará comezo o xoves, 15 de decembro, ás 20:00 horas no Teatro Municipal de Tui, coa apertura de portas ás 19:30 horas, cando os pais e nais do alumnado recollerán as notas do primeiro trimestre. As entradas, de balde, poderán ser recollida polo público en xeral até completar o aforamento.

A música comezará a soar da man dos alumnos da Banda de Música do Conservatorio que interpretarán "First Suite" de Alfreed Reed. A continuación será xa a quenda das actuacións individuais dos alumnos e alumnas coa pianista Ella Cordon, a violinista Alma Giráldez, os saxofonistas Verónica Morais e Nestor Lomba, a pianista Marta Álvarez Coedo, a violinista Julia Rodríguez, o clarinetista Jose Castro e o guitarrista Sergio Alonso. Acompañados ao piano por Beatriz Cristóbal. Interpretarán pezas de compositores como Vivaldi, Czerny, Bach ou Giampier.

O alumno Diego Santamaría pechará o concerto ao piano coa "Ballade Nº1 op. 23" publicada en 1836 por Frédéric Chopin.

Precisamente neste concerto será presentado o novo piano adquirido polo Concello de Tui no seu compromiso por apoiar á música local. Cos seus máis de 400 quilos de peso, o CX7 de Yamaha trátase dun novo modelo da empresa nipona e do primeiro que chega a España, situando a Tui na vangarda musical. Un instrumento deseñado para lograr unha profunda resonancia, proporcionando unha resposta á interpretación sen precedentes con prolongados sostidos e unha ampla proxección sonora.

O evento estará coordinado polo director do Conservatorio de Música de Tui, Rubén López e os mestres Jesús González, Gabriel Silvera. En total terá unha duración de hora e 15 minutos nos que o alumnado do Conservatorio dará conta dos coñecementos adquiridos no que vai de curso e encherán o Teatro Municipal de Tui das notas escritas polos grandes mestres da música internacional.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones