Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 600 campistas de toda España e Portugal visitan á Guarda durante esta Semana Santa

Os visitantes realizarán visitas guiadas pola desembocadura do Miño, o Monte Santa Trega e o casco urbano da vila.

Os visitantes realizarán visitas guiadas pola desembocadura do Miño, o Monte Santa Trega e o casco urbano da vila.

Fecha: 28 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Un total de 649 persoas procedentes de tódalas Comunidades Autónomas españolas e Portugal están estes días a gozar das súas vacacións de Semana Santa no Camping Santa Tecla da Guarda, no marco da 60ª Acampada Nacional da Federación Española de Clubs Campistas (FECC).

O encontro, organizado polo Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo, permite aos visitantes coñecer os atractivos turísticos e culturais da nosa vila. Así, onte pola mañá, algúns dos campistas xa tiveron oportunidade de percorrer a desembocadura do río Miño nunha ruta de sendeirismo acompañados por un guía turístico. Estas visitas guiadas, ofrecidas polo Concello da Guarda, continuarán ata o mércores con percorridos polo Monte Santa Trega e o casco urbano, incluíndo o Castelo de Santa Cruz e o Porto pesqueiro.

Tras estes primeiros días de actividade turística, o xoves chegará a quenda da verdadeira convivencia no entorno do Camping, onde todos e todas as campistas gozarán dun amplo programa de xogos, festas infantís e degustación de produtos típicos.

Entre as actividades programadas, destaca a celebración do desfile de traxes rexionais deste xoves. A partir das 11:00 horas, os participantes nesta 60ª edición do encontro campista nacional percorrerán as rúas guardesas (dende a Alameda) amosando a vestimenta típica de cada unhas das Comunidades Autónomas. O desfile rematará no Auditorio de San Bieito, coa inauguración oficial da acampada e a recepción dos campistas na Guarda. (en caso de choiva, a mostra de traxes e a inauguración da acampada realizaranse na Casa dos Alonso).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones