Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de cincocentos propietarios de fincas con especies prohibidas, cumpren coa obriga de limpalas

Douscentos veciños prefiren contratar o servizo da empresa pública proporcionada pola Xunta

Douscentos veciños prefiren contratar o servizo da empresa pública proporcionada pola Xunta

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tras as 2000 notificacións enviadas á veciñanza por parte do Concello de Tomiño, por incumprimento de limpeza de fincas e tala de especies prohibidas; labores obrigatorias segundo a Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia e da Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa en relación ás Faixas Secundarias de Protección contra incendios forestais, ás oficinas de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, comunicouse nos últimos meses a limpeza dunhas 150 parcelas levadas a cabo polos propietarios.

 

Noutros 180 casos, os veciños ou veciñas comunicaron ter xestionada a corta das especies prohibidas, achegando o correspondente contrato de venda cunha empresa madeireira.

Entre as alegacións recibidas, case 100 fincas foron alegadas como de titularidade errónea, e 60  das 1277 parcelas publicadas no BOE como descoñecidas, foron reclamadas polos seus propietarios.

 

Así mesmo, ata o momento, adheríronse uns 200 propietarios á posibilidade de facer un contrato de limpeza das parcelas afectadas coa empresa pública SEAGA.

 

Convenio

En colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, o Concello de Tomiño realizou no que vai de ano, un total de 2000 notificacións por incumprimento de limpeza de fincas e tala de especies prohibidas, atopadas na súa maior parte, en Santa María de Tomiño e Forcadela, dado que estas parroquias foron calificadas, polo seu especial risco de incendios, como priorizadas.  Así mesmo publicouse no BOE con data do 28 de setembro, unha relación de 1277 parcelas sen propietarios coñecidos. Ditos requirimentos tramitáronse despois de ser realizada a acta de inspección, unha vez vencido o prazo para levar a cabo as xestións de biomasa (fin do mes de maio).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí