Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de medio cento de moz@s do Baixo Miño participan en Asturias no -Música na Natureza-

Combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, así como actividades musicais

Combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, así como actividades musicais

Fecha: 28 de Septiembre de 2017

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

No pasado mes de maio o grupo informal "@s da fin do Miño" formado por cinco mozos/as dos Concellos do Rosal, A Guarda e Tomiño, decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social, un proxecto que se desarrollaría no límite do Parque Nacional dos Picos de Europa, que denominaron "Música na natureza".

Unha vez recibida a notificación da concesión da subvención comezaron as xestións organizativas. Este fin de semana, concretamente os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro desprazaranse ata Mestas de Con (Asturias) un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, a gran maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, actividades no bosque nun parque de aventura, visitas a monumentos e outros centros de interese, así como actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto que será ofrecido a toda a poboación de Pola de Laviana de xeito totalmente gratuíto. O concerto terá lugar o sábado 30 de setembro ás 19:30 h. no Kiosko da Alameda de Pola de Laviana.

Esta actividade permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá. Este proxecto deberá contribuír a reforzar a súa formación integral como persoas, e tamén a unha sensibilización coa natureza fomentando a conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, que sin duda redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí