Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis dun centenar de empresas da provincia participan online na formación SICTED da deputación para conseguir ou revalidar o certificado

A provincia de Pontevedra é o primeiro destino estatal en número de empresas distinguidas, con case 300, e pretende incrementar nun 20% as empresas certificadas

A provincia de Pontevedra é o primeiro destino estatal en número de empresas distinguidas, con case 300, e pretende incrementar nun 20% as empresas certificadas

Fecha: 12 de Abril de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra formou a máis dun centenar de empresas para que puideran conseguir ou revalidar o certificado do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, SICTED. Deste xeito, o ente provincial aproveita o parón que está a vivir a actividade en sectores coma o turismo ou o comercio para mellorar a súa calidade. Ata o momento, Rías Baixas, con case 300 empresas adheridas ao Plan de Calidade Turística, é o primeiro destino estatal en número de empresas distinguidas e pretende incrementar nun 20% as empresas certificadas ao longo do presente ano.

Estas formacións, que sempre se fixeron de forma presencial, desenvolvéronse nesta ocasión online e participaron un total de 131 alumnos e alumnas procedentes de 104 das entidades da provincia adheridas. Trátase dunha moi boa acollida por parte das empresas posto que moitas delas están en procesos de Expediente de Regulación Temporal de Emprego, ERTE, ou os seus traballadores e traballadoras atópanse ao coidado dos cativos e cativas ou de persoas da terceira idade e, a pesar destas situacións, implícanse na realización das accións formativas.

A formación levada a cabo na última semana constou con tres ciclos. Un deles ofertou os módulos de "Métodos de enquisado" e "A xestión enfocada ao cliente". Outro contou cos cursos de "Claves da atención ao cliente. Atención presencial" e "Traballo en equipo, motivación de persoal e liderado". O último deles abrangueu os módulos de "Claves da atención ao cliente. Atención non presencial" e "Guía para a xestión do negocio". Amais, os ciclos avanzados ofertaron tres cursos de formación: "Responsabilidade ambiental en turismo", "Responsabilidade social corporativa" e "Turismo accesible". As entidades tiveron a obriga de realizar polo menos un destes ciclos avanzados e algunha delas realizou máis dun.

A estas accións formativas adheríronse establecementos dos concellos de Campolameiro, O Porriño, Cangas, Vilaboa, Bueu, O Grove, Meis, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Nigrán, A Guarda, Cuntis, Moaña, Cambados, Oia, Poio, Soutomaior, Tomiño e Pontevedra.

A principal finalidade do Plan de Calidade Turística é mellorar a experiencia das persoas visitantes a través da implantación de prácticas empresariais coas que acadar un nivel de calidade homoxéneo dentro do destino. En liñas xerais a metodoloxía SICTED abrangue tanto os servizos ofrecidos polos compoñentes da oferta turística (hoteis, restaurantes, axencias de viaxes, etc.) como aqueles que, sen selo estritamente, contribúen á formación da experiencia turística do destino. A través do distintivo SICTED acredítase, polo tanto, o esforzo realizado polas empresas/servizos participantes en relación ao compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que as/os distingue fronte á competencia.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones