Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Mañá abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

A Consellería de Educación destina un total de 3 millóns de euros para asumir a compensación do custe diario por comensal ás familias

Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 ?/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Fecha: 30 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Presentación de solicitudes
Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (httos://sede.xunta.gal ). Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de Emerxencia Sanitaria.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones