Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Manifesto da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui

Con data do 10 de xaneiro de 2022 constituíuse a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui.

Con data do 10 de xaneiro de 2022 constituíuse a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Enero de 2022

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica de Tui

Con data do 10 de xaneiro de 2022 constituíuse a Plataforma en Defensa da Sanidade
Pública de Tui. Esta Plataforma xurde da preocupación da cidadanía polo alarmante deterioro da
atención primaria na nosa localidade. Constitúese en asemblea aberta a todas as persoas que
compartan os nosos obxectivos, é democrática e plural.
A Plataforma créase para loitar por unha atención primaria pública, galega e de calidade.
Para garantir este servizo público esencial, reclamamos o incremento do gasto sanitario da Xunta de
Galicia, que actualmente está nun 12%, a un 25%.
Polo que respecta ao Centro de Saúde de Tui e aos equipamentos sanitarios do Baixo Miño,
as nosas reivindicacións recóllense nos seguintes puntos:
• Solicitamos a redución do cupo por profesional sanitario, que actualmente en Tui está en
1.500 por profesional
• Solicitamos que se cubra o 100% das ausencias do persoal sanitario
• Solicitamos unha ou un pediatra de urxencias
• Solicitamos o reforzo do persoal de fisioterapia con dous profesionais
• Solicitamos unha ambulancia medicalizada para a comarca do Baixo Miño
• Solicitamos a habilitación e xestión adecuada da área de espera de urxencias para evitar que
os pacientes teñan que esperar na rúa
• Considerando que non todas as persoas dispoñen de medios de transporte propios,
solicitamos un punto PCR para o Baixo Miño
A Plataforma declara así mesmo o seu apoio as mobilizacións que se están a desenvolver no
Baixo Miño en defensa da sanidade pública.
Chamamos á cidadanía de Tui para que se sume ás mobilizacións e participe nunha causa
que é xusta, sensata e asumible por persoas de diferentes ideoloxías pero unidas na defensa do
dereito humano á sáude e o benestar.
Resumo das reclamacións principais
1. Reclamamos o incremento do gasto sanitario da Xunta de Galicia, que
actualmente está nun 12%, a un 25%
2. Solicitamos a redución do cupo por profesional sanitario, que actualmente en
Tui está en 1.500 por profesional
3. Solicitamos que se cubra o 100% das ausencias do persoal sanitario
4. Solicitamos unha ou un pediatra de urxencias
5. Solicitamos o reforzo do persoal de fisioterapia con dous profesionais
6. Solicitamos unha ambulancia medicalizada para a comarca do Baixo Miño
7. Solicitamos a habilitación e xestión adecuada da área de espera de urxencias
para evitar que os pacientes teñan que esperar na rúa
8. Considerando que non todas as persoas dispoñen de medios de transporte
propios, solicitamos un punto PCR para o Baixo Miño

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí