Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

María Fandiño, premio Simonetta Bastelli de arquitectura pola Explanada do Horizonte do Rosal

O Concello quere felicitar á arquitecta por este galardón, que recoñece a nova identidade que o proxecto dá ao territorio empregando técnicas e materiais propios da zona

O Concello quere felicitar á arquitecta por este galardón, que recoñece a nova identidade que o proxecto dá ao territorio empregando técnicas e materiais propios da zona

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A arquitecta María Fandiño acaba de gañar o premio internacional de arquitectura e natureza Simonetta Bastelli na categoría xove polo seu proxecto para a Explanada do Horizonte do Rosal. O xurado destacou o traballo feito por Fandiño nesta obra na que, tras un “atento e minucioso análise de coñecemento do lugar e da súa historia evolutiva, propón un novo capítulo para o seu desenvolvemento, cun deseño mínimo pero eficaz, utilizando técnicas e materiais que aínda sendo propios do sitio constrúen a súa nova identidade”.

Dende o Concello queremos felicitar a arquitecta por este galardón, que recoñece a nivel internacional o gran labor feito por María Fandiño no proxecto de revalorización e mellora deste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Rosal, co que tamén se dotará a Portocelo dunha nova área de esparexemento para os veciños. “O obxectivo do proxecto é recuperar a memoria do sitio, restaurar o ecosistema costeiro e devolver un lugar para quedarse cara o horizonte”, recolle a arquitecta na presentación do proxecto. Trátase de remodelar “o tramo da costa, mirando a estrutura, a topografía, analizando as súas proporcións, redibuxando o tramo cun vocabulario propio: as terrazas”.

A este galardón preséntanse propostas de proxectos europeos de intervencións arquitectónicas en catro categorías diferentes (profesional, xove, estudante e tese de doutoramento) que se dan a coñecer nun congreso internacional en Italia no que se tratan temas sobre accións no territorio e cambio climático. Este ano, debido á crise sanitaria, os proxectos presentáronse en formato virtual

Fandiño tamén recibiu unha Mención de Honra na categoría senior pola súa iniciativa ‘Marxes Líquidas: proxecto de acondicionamento do Río Miño ao seu paso pola cidade de Tui’, que fixo xunto con Miriam García.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí