Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Medalla de ouro para Manuel Ochoa na 1ª Copa de España de Kayak Cross

O Club Deportivo Miño-Teixugos levou ao evento a tres deportistas, os tres de categoría sénior, que tiveron unha gran actuación.

O Club Deportivo Miño-Teixugos levou ao evento a tres deportistas, os tres de categoría sénior, que tiveron unha gran actuación.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Marzo de 2023

Fuente: Os Teixugos

Esta fin de semana celebrouse na canle de augas bravas do Parc Olimpic do Segre, na localidade ilerdense da Seu D´Urgell, a 1ª Copa de España de Kayak Cross. Esta disciplina de slálom, antes coñecida como slálom extremo ou boatcross, está gañando moitos seguidores pola súa espectacularidade. Como tódalas copas, constou de dúas competicións diferentes, cos seus respectivos podios, unha o sábado e outra o domingo. A proba comeza cunha contra-reloxo, puntuable para os selectivos nacionais, onde os dezaseis mellores tempos pasan a cuartos, despois semifinais e finalmente finais.

O Club Deportivo Miño-Teixugos levou ao evento a tres deportistas, os tres de categoría sénior, que tiveron unha gran actuación.

Manu Ochoa, todo un especialista na modalidade, comezou ben o sábado ao sacar o segundo mellor tempo da contra-reloxo da categoría sénior masculina, en cuartos de final gañou claramente a serie, pero unha falta dubidosa nunha das portas, deixouno fóra , rematando décimo terceiro. No domingo foi terceiro na contra-reloxo e superou con baixadas espectaculares cuartos de final e semifinais. Nas finais impúxose claramente aos seus tres contrincantes proclamándose gañador.

Luís Fernández tivo unha moi boa actuación a pesar de que a súa especialidade é a canoa e non o caiac. Superou a contra-reloxo tanto o sábado como o domingo. O sábado conseguiu chegar a semifinal, rematando oitavo. O domingo quedouse en cuartos rematando duodécimo.

Alba Soutelo foi a nosa única representante feminina, e tamén tivo un papel destacado, tendo en conta que é o seu primeiro ano na categoría sénior. O sábado non pasou o corte da contra-reloxo por pouco, rematando décimo sétima. O domingo superou a contra e cuartos de final, caeu nas semifinais rematando nunha impresionante oitava posición.

Moi boa a actuación dos tres “teixugos” competindo cos mellores do panorama nacional,  pois ao ser selectivo para o equipo nacional, ninguén quixo faltar a cita. Destacar tamén a actuación dos galegos a Mario Otero do Tea de Mondariz e a Ainhoa Lameiro do Penedo, que conseguiron chegar a finais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí