Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Medalla de prata para o Teixugo Emilio Rodríguez na 3ª Copa de España de Slálom Olímpico

O deportista do Deportivo Miño-Teixugos foi o único do club en lograr unha medalla nesta ocasión

O deportista do Deportivo Miño-Teixugos foi o único do club en lograr unha medalla nesta ocasión

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Julio de 2022

Fuente: Club Deportivo Miño-Teixugos

A localidade catalá de Sort acolleu esta fin de semana a 3ª Copa de España de Slálom Olímpico, na que o Club Deportivo Miño-Teixugos acudiuu con cinco deportistas, entre eles Emilio Rodríguez quen conseguiu a única medalla do club nesta ocasión, rematando a competición no segundo posto.

O club deportivo competiu o sábado e o domingo nesta 3ª copa cun equipo moi diminuído xa que contaba con varias ausencias importantes. En total foron cinco os deportistas que se trasladaron ata a competición conseguindo unha única medalla o K1 Veterano, Emilio Rodríguez. O deportista logrou entrar na final o sábado, obtendo a medalla de prata. Así mismo, o domingo tamén conseguiu pasar a finais, acabando cuarto.

Alba Soutelo, única representante feminina, participou en K1 e C1 júnior. En K1, tanto sábado como domingo finalizou en vixésimo posto. En C1 ou canoa, o sábado quedou fóra da final, rematando décimo sétima, mentres que o domingo entrou en finais rematando sétima.

Sergio Rodríguez, en K1 júnior, o sábado e o domingo quedou fora de finais a causa dun toque nunha das portas en ámbolos dous días, concluíndo duodécimo o sábado e décimo terceiro no domingo.

Mateo Rivas, en K1 júnior, quedou lonxe de finais tanto sábado como domingo, rematando cuadraxésimo e trixésimo quinto respectivamente.

Adrián Lluch, tamén en K1 júnior, rematou o sábado en cuadraxésima quinta posición e o domingo trixésimo terceiro.

Na clasificación final por equipos, os Teixugos foron décimos o sábado e undécimos o domingo. O Deportivo Miño indicou que aspiraba a mellores resultados nesta terceira copa de España, pero, tal como explican dende o club "o slálom é así, o río manda e non sempre o deportista consigue o que quere".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí