Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio Ambiente actualiza a base topográfica de Galicia ao incorporar a totalidade da rede hidrográfica e revisar máis de 1,5 millóns de edificacións

O Instituto de Estudo do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, traballou na actualización desta base de datos e mapas, que se traduce na posta á disposición da sociedade de case 9.000 arquivos dixitais

O Instituto de Estudo do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, traballou na actualización desta base de datos e mapas, que se traduce na posta á disposición da sociedade de case 9.000 arquivos dixitais

Fecha: 20 de Julio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, vén de actualizar a Base Topográfica de Galicia 10k, ao incorporar e ampliar a información dispoñible. A actualización desta base de datos permitiu incorporar a totalidade da rede hidrográfica e a revisión e mellorar posicional de máis de 1,5 millóns de edificacións, así como a incorporación de máis de 33.000 edificacións lixeiras (edificación construídas con materiais liviáns, de carácter máis ou menos estable, caracterizadas pola posesión de teito, como poden ser as marquesiñas, invernadoiros, alpendres e chabolas).

A Base Topográfica de Galicia 10K é unha base de datos con información correspondente a dous produtos: o Mapa topográfico de Galicia 10.000 (MTG10), composto por preto de 4.100 mapas en formato pdf segundo a distribución normalizada de follas para toda a Comunidade Autónoma de Galicia; e a propia Base Topográfica de Galicia 10.000 (BTG10), en formato SIX para poder ser empregado mediante ferramentas propias de xestión é análise de información xeográfica.

Esta información tamén está dispoñible a nivel de cada concello, polo que se pode acceder a esta información en formato pdf e formato SIX coa distribución dos 313 concellos de Galicia. En total póñense a disposición preto de 8.816 arquivos dixitais.

Na elaboración desta información apostou pola maior eficiencia e eficacia no uso dos recursos mediante a integración de datos, tanto os de elaboración propia coma na información producida por diferentes organismos: como o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o catastro, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Aguas de Galicia, deputacións provinciais..., asegurando unha produción sostible mediante a redución de custos e duplicidades e a xeración de sinerxías e proxectos colaborativos entre administracións.

Así, grazas a estes traballos procurouse a actualización e edición da rede de transporte e incorporación de 1.260 quilómetros de de estradas, pistas e camiños; a incorporación de preto de 17.575 quilómetros de liñas de media tensión; a revisión dos espazos dotacionais e equipamentos; a incorporación de novas curvas de nivel, puntos de cotas e sobreados xerados a partires dun novo Modelo Dixital do Terreo, obtido a partir do voo LIDAR.

Tamén se fixo unha revisión da xeolocalización das entidades de poboación, así como a edición de 341 áreas empresariais e dos 129 portos de competencia autonómica e estatal.

Cartografía oficial e adaptada

o Instituto de Estudo do Territorio procedeu con esta actualización desta base de datos para poñer a disposición da cidadanía unha cartografía autonómica adaptada aos requirimentos da produción dixital da información, o que permite a súa utilización directa en Sistemas de Información Xeográfica (SIX), a integración en Infraestruturas de Datos Espaciais, a implementación en servidores web de mapas e o acceso a través de servizos web por outras páxinas web ou aplicacións específicas. Está información pode ser empregada e consultada por si mesma ou en combinación con outros conxuntos de datos, polo que resulta fundamental para a planificación e xestión do territorio e cubre todo o territorio de Galicia dun xeito homoxéneo.

Asemade, promóvese a difusión e reutilización da información xeográfica oficial e permite o seu emprego para a creación de novos eidos de negocio por empresas e emprendedores baseados na explotación da información contida nela, xa que a información xeográfica e o emprego da mesma na xeolocalización e na xeración de valor e un elemento posto de manifesto a nivel internacional.

A Consellería de Medio Ambiente avanza así no seu compromiso de seguir traballando na posta a disposición de información xeográfica dixital que facilite a actividade económica ao tempo que mellora a xestión dos recursos naturais e protexe o medio ambiente. Toda a información está accesible dende o centro de descargas (http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/) e pódese consultar directamente no visor (http://mapas.xunta.gal/visores/basico/).
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones