Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio centenar de fotos antigas de distintas épocas, ilustra as Festas do Alivio de Tomiño

O programa organizado polo Concello inclúe unha ampla oferta de actividades, con música tradicional, bandas, inchables e nomeamento do tomiñés distinguido, entre outras

Até o vindeiro luns, 12 de setembro, pode contemplarse no Mercado Municipal (2º andar) máis de medio centenar de fotos antigas de distintas épocas e temáticas.

Fecha: 10 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Até o vindeiro luns, 12 de setembro, pode contemplarse no Mercado Municipal (2º andar) máis de medio centenar de fotos antigas de distintas épocas e temáticas.

A exposición "Tomiño en fotos", que forma parte do programa cultural das festas patronais da Virxe do Alivio, pertence ao Arquivo Fotográfico Fotomiño, que cedeu as instantáneas, colleitadas a través do tempo de man de particulares, asociacións, etc. e recuperadas.

Entre as fotos expostas atópanse algunhas moi antigas, coma unha da Escola Aurara do Porvenir, de 1927, ou outra do veciño de Goián Pablo Pousa, historiador afeccionado e irmán maior do recordado pintor Xavier Pousa. A instantánea foi tomada no ano 1932 cando Pablo era pequeno e aparece no colo da súa nai observando animais nun cortello.

Na mostra podemos tamén observar unha foto do primeiro equipo de fútbol de Tomiño, tomada nos anos '50; mulleres diante do desaparecido Cine Goya, de Goián (1956), Entroido de Goián (1961), ou autobuses recollendo xente fronte ao Bar Canta Manaña, para ir ver o fútbol (1970).
Asemade, podemos contemplar imaxes da procesión do Alivio dos anos '60; Nosa Señora da Peregrina de Estás (1962), xantar popular na Gándara, ou Escola de Dona Mª Sabaríz. Goián. 1940.

Cristina Martínez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais, agradece a xentileza de Fotomiño e convida a todos os tomiñeses, tomiñesas e foráneos a visitar a exposición, situada na segunda planta do mercado municipal.

O programa(Ver programa aquí) organizado polo Concello inclúe unha ampla oferta de actividades, con música tradicional, bandas, inchables e nomeamento do tomiñés distinguido, entre outras.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones