Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Melchor, Gaspar e Baltasar protagonizan a Cabalgata Internacional de Reis na Eurocidade

A comitiva real está formada por 150 persoas que realizarán o percorrido entre Tui e Valença

A comitiva real está formada por 150 persoas que realizarán o percorrido entre Tui e Valença

Fecha: 05 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tui

A Eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir este venres, 5 de xaneiro, aos Reis Magos de Oriente que protagonizarán un ano máis a Cabalgata Internacional entre os dous municipios de dous países nunha comitiva formada por máis de 150 persoas.

A saída está prevista ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, onde se iniciará o percorrido de 3,5 quilómetros, que rematará dúas horas despois, ás 19 h, no Paseo da Corredoira en Tui fronte ao Seminario Menor.

A rondalla do Centro Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro será a encargada de encabezar a comitiva real, seguida do tren turístico da Eurocidade e dun camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença. A continuación irán as carrozas elaboradas polas Asociacións Culturais "Arume" de Malvas, "Lembranzas da terra" de Guillarei, "Aloia" de Pazos de Reis e "Xuntanza" de Randufe. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos seus paxes, irán nas súas respectivas carrozas elaboradas polo persoal do Concello de Tui. Pechará a comitiva un segundo camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença e unha ambulancia.

Por noveno ano consecutivo o punto de partida será no Albergue de Peregrinos de Valença na rúa José María Gonçalves, para continuar polas avenidas dos Bombeiros Voluntarios e de Espanha, e atravesar a Vella Ponte Internacional, un dos momentos emblemáticos desta Cabalgata. Xa en Tui o percorrido proseguirá pola avenida de Portugal, rúas Martínez Padín e Augusto Gonzáles e rematará no Paseo da Corredoira, fronte ao Seminario Menor. Os últimos 250 metros do percorrido, por cuestións de seguridade, estarán vallados a cada lado.

No Belén Vivinte que, por terceiro ano estará situado na carpa de 40 x10 metros, diante do seminario os reis Magos farán a súa ofrenda e darán lectura á mensaxe real. Tanto no seu percorrido coma xa na carpa Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán con caramelos libres de alérxenos e no remate recibirán a todos os nenos que desexen saudalos.

Se repartirán 1.250 quilos de caramelos, dos 500 sin gluten se repartirán no traxecto por Valença, e 750 libres de alérxenos no percorrido por Tui.

O venres ás 12h decidirase, en función do tempo, se se pode realizar a Cabalgata ou se opta por outra opción

Ante a inestabilidade da climatoloxía a organización da Cabalgata baralla dúas opcións alternativas no caso de que non se poida realizar o percorrido ao completo. A primeira delas será acurtar o traxecto que sairía da rúa Coruña en Tui e remataría igualmente na Corredoira, e a segunda suspendería a Cabalgata en sí, pero mantería a recepción real ao cativos na carpa instalada diante do seminario. A decisión final tomarase o venres ás 12h será comunicada ese mediodía.

Visita ás residencias Paz e Ben e San Telmo

Xa o venres pola mañá as súas Maxestades os Reis Magos, xunto á Rondalla do Centro Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro, visitarán aos maiores da residencia Paz e Ben, ás 10.45h, e da residencia San Telmo, ás 11.50h.

A Cabalgata Internacional de Reis está organizada pola Concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui conxuntamente coa Cámara Municipal de Valença, dentro das actividades da Eurocidades Valença-Tui. Colaboran a Radio Municipal de Tui, o Grupo Scout Alhoia, a Policía Local e as Asociacións Culturais "Arume" de Malvas, "Lembranzas da terra" de Guillarei, "Aloia" de Pazos de Reis e "Xuntanza" de Randufe por parte tudense, e a GNR e Bombeiros Voluntarios de Valença, e protección civil de Valença.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones