Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Merchi Martínez candidata do BNG a Entidade Local Menor de Camposancos

Merchi conta coa experiencia dos últimos catro anos e salienta o apoio e participación da veciñanza nos proxectos desenvoltos pola Entidade

Merchi conta coa experiencia dos últimos catro anos e salienta o apoio e participación da veciñanza nos proxectos desenvoltos pola Entidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Abril de 2023

Fuente: BNG A Guarda

A Presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos Merchi Martínez, foi elexida por unanimidade na asemblea local do BNG candidata a presidenta da Entidade.

 

Merchi Martínez declarou “ queremos continuar o proxecto de  transformación iniciado fai catro anos e seguir abrindo as portas da Entidade a toda a veciñanza. Continuar creando espazos de encontro, colaboración e participación para que Camposancos sexa ese lugar agradábel e cheo de dinamismo no que sentimos orgullo de vivir”.

 

Entre as medidas que quere poñer en marcha no novo mandato destacou “A auga é un ben esencial. Poñeremos en marcha  un novo regulamento de augas e buscaremos outras captacións  ademais de continuar co proceso de mellora e modernización  da rede e con  actuacións que contribuian ao aforro enerxético”.

 

Tamén avanzou que  “a  limpeza de rúas, camiños, regos, fontes e lavadoiros seguirá sendo  un traballo prioritario para o noso equipo así como a  mellora   dos espazos naturais coa  plantación de árbores autóctonas”.

 

Anunciou tamén a posta ao día  dos alugueiros obsoletos ou de  novas licitacións da propiedade da Entidade Local Menor.

 

Acompañaa na candidatura o actual vocal da Entidade polo BNG Ricardo Portela, para quen tivo palabras de agradecemento pola súa implicación e adicación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí