Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MIL CINCOCENTAS PERSOAS PARTICIPARÁN NAS COMPARSAS DO DESFILE -VENRES DE FOLIADA- DE TOMIÑO

A parroquia de Goián prepara o seu tradicional Entroido, que terá o seu día forte o martes 4 de marzo

Trátase dun dos desfiles máis multitudinarios da comarca, con cifras de público que superan as 8000 persoas, coma sucedera o ano pasado.

Fecha: 28 de Febrero de 2014

Fuente: www.concellotomino.com

 

A XVII edición do desfile de Entroido "Venres de Foliada", reunirá o vindeiro 28 de febreiro en Tomiño, a máis de 1500 compoñentes de máis de vinte comparsas e carrozas participantes.

Trátase dun dos desfiles máis multitudinarios da comarca, con cifras de público que superan as 8000 persoas, coma sucedera o ano pasado.

 

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, confirmou a asistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma doutras menos numerosas procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Mos, Vigo, San Xenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.).

 

A edila indicou que co fin de que o desfile non se alongue moito, coma sucedera anos atrás, a saída será moi puntual (21.30 horas), desde o colexio Pedro Caselles Beltrán.

 

En caso de chuvia, a actividade trasladaríase ao venres seguinte, 7 de marzo, á mesma hora.

 

Entroido de Goián

O desfile de Entroido da parroquia de Goián, un dos máis tradicionais da zona, terá lugar o martes 4 de marzo. A comisión organizadora prepara un amplo programa que comezará o domingo 2, co desfile dos nenos e nenas e xogos na praza Pintor Antonio Fernández (16.00 hs.), e rematará o mércores 5 de marzo, co Enterro da Taíña (19.00 hs.). Treboadas e orquestras amenizarán as catro xornadas de festa.

 

A maior particularidade deste Entroido, que comezou a celebrarse a principios do século XX, é que segue conservando o seu caracter netamente popular. Exemplo diso é que a vintena de carrozas e comparsas participantes so saen pola vila, sen asistir a outros desfiles. Moi característica é tamén a Carreira de Carretillas con condutor e acompañante, celebrada tamén o domingo (18.00 hs.).

 

Para ter todo a punto, traballan dende hai máis de tres meses preparando as carrozas e os actos complementarios. A comisión conta coa colaboración de voluntarios para a recolección de fondos e produtos alimenticios para elaborar a xa tradicional sopa de cocido que se sirve ao remate do desfile para todos os asistentes.

 

O recinto de festas estará cuberto cunha gran carpa e os catro días haberá animación a cargo da Treboada "Baixo Miño".

 

Programa 2014

Domingo 2 de marzo:

12.00 hs. Desfile dos nenos e nenas.

16.00 hs. Xogos na praza.

18.00 hs. 4ª carreira de carretillas. (Premio á mellor tuneada, mellores

                disfraces e 1º, 2º e 3º clasificado/a).

22.00 hs. Verbena con Alcázar e Alaska. (Durante a verbena,

                entrega de premios aos mellores disfraces).

 

Luns 3 de marzo:

09.00 hs. Percorrido polo pobo cos gaiteiros.

13.00 hs. Gran Tortillada

22.00 hs. Verbena con Aramio e D'Moda.

 

Martes 4 de marzo:

13.00 hs. Tradicional Cocido

17.00 hs. Gran Desfile de Carrozas.

               Ao remate do desfile: Sopa para todos.

22.00: Verbena con Marazul.

 

Mércores 5 de marzo:

19.00 hs. Enterro da Taíña.

 

 

Festival Taíña

Como preludio do Entroido goianés, chega a undécima edición do Festival Taíña, que terá lugar o sábado 1 de marzo na praza da Igrexa de Goián.

Este ano os grupos invitados son: "La Troba - Kung-Fu" (rumba e cumbia); "Trapos Sucios" (rock); "d-Rumba2" (rumba enerxética), e "The Skarnivals" (ska, punk e folk).

O espectáculo comezará de forma moi puntual, ás dez e media da noite. Haberá carpa e a entrada será de balde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones