Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Milleiros de comensais desfrutan da XXVII Festa da Langosta durante o seu día grande

A tradicional celebración gastronómica da Guarda chega o seu fin esta noite coa actuación da fadista María do Ceo

A tradicional celebración gastronómica da Guarda chega o seu fin esta noite coa actuación da fadista María do Ceo

Fecha: 02 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A tradicional celebración gastronómica da Guarda chega o seu fin esta noite coa actuación da fadista María do Ceo, tras dous días de celebración intensa e un éxito de afluencia que supera as previsións dos establecementos participantes

O arranque da festa tivo lugar a noite do venres co nomeamento por parte do alcalde da vila, Antonio Lomba, dos seus pregoeiros: o actor vigués Bruxo Queiman e a cantante e actriz tomiñesa Andrea Pousa, "dous artistas que levan no sangue a cultura atlántica", destacou o rexedor. O pregón estivo marcado por un conxunto de sons e letras evocadoras das lendas, a historia e as características propias da Guarda. Así, mentres Queiman emocionaba ó público cun sentido reclamo ó mar da Guarda e a súa tradición castrexa, Pousa acompañou coa interpretación de cancións tradicionais (Camariñas e Romeiro ó lonxe) e outras adaptadas ó discurso, como temas dos coñecidos filmes Braveheart e Gladiator.

Os artistas pontevedreses quixeron agradecer ó Concello o apoio dado e a oportunidade de ser convidados de honra na súa festa máis importante. "É un orgullo ser pregoeiro da terra dun", recoñecía a cantante tomiñesa, que conta cunha vivenda na Guarda, polo que esta é a súa "segunda casa".

Pasadas as 22:00 horas, a celebración continuou na carpa instalada no Porto onde, xa cos establecementos gastronómicos en funcionamiento e os primeiros comensais nas mesas, Andrea Pousa interpretou Lela e Romeiro ó lonxe antes de dar paso ó espectáculo-concerto Milson's, no que gaitas e outros instrumentos da tradición musical galega conviviron coa guitarra eléctrica e o teclado no escenario. De novo, a temática mariñeira foi a protagonista, con cancións tradicionais e outras de elaboración propia, que amenizaron a noite ós máis de 200 asistentes.

Respecto dos pregoeiros, o alcalde quixo recalcar que a elección de Pousa e Queiman "foi todo un acerto", do que deron conta as numerosas felicitacións por parte dos asistentes. "Fieis aos seu estilo, fixeron disfrutar ó numeroso público dun pregón moi emotivo e ben documentado que tocou a fibra sensible de todas aquelas persoas con vínculos afectivos coa Guarda e a súa historia pesqueira", sinala o rexedor.

Milleiros de comensais no día grande da festa
A celebración dedicada ó crustáceo mariño rei na Guarda vivíu este sábado o seu día grande, con preto de 5.000 comensais que pudieron degustar até 24 pratos elaborados con produtos do noso mar. Os establecementos hosteleiros colaboradores (restaurantes Casa Olga, O Cangrexal e Xeito) serviron 200 kilos de langosta, 300 racións de pulpo e 150 kilos de percebes.

Tiveron moita demanda, tamén, pratos como a paella, con preto de 140 racións servidas até o sábado; as tapas de mexillóns, das que se serviron 120 racións, e as croquetas de langosta, con algo máis de 150 racións servidas. A estes datos cabe engadir ó éxito das empanadas elaboradas con produtos do mar, das que se serviron máis de 300 racións, e os 15 kilos de pementos de padrón que saíron das cociñas dos establecementos da festa.

Tanto a Pastelería Montserrat como a Adega Gran Novas, que se estrean este ano como establecementos participantes, aseguran estar "moi satisfeitos" co éxito da celebración, que xa no seu primeiro día superou as súas expectativas de venta. Entre os productos de confitería máis demandados atópase a tradicional rosca de xema, ademáis da tarta de Santa Trega, un postre de frutos secos con lámina de milfollas especialmente elaborado para esta festa.

A Adega do Rosal, pola súa parte, esgotou xa durante o sábado as cantidades de viño coas que contaba para afrontar os tres días de festa, tendo que recurrir as adegas para reponer o produto, de xeito que a súa experiencia nesta celebración non podería ser máis positiva. Destacan a boa acollida do seu Albariño entre os visitantes, que recoñeceron a boa maridaxe entre o caldo rosaleiro e os produtos mariñeiros.

Un domingo con previsións optimistas
Agárdase que este domingo continúe o éxito de afluencia que se vivíu o sábado, xa que pasadas as 12:00 horas deste mediodía as 400 prazas coas que conta a carpa da festa atopábanse cheas de comensais, procedentes principalmente das provincias de Pontevedra e Ourense e do norte de Portugal, desfrutando da gastronomía guardesa.

A programación cultural continúa durante todo o día, comenzando coa actuación esta mañá do grupo tradicional O Tribón dos Xidos, que percorreu as rúas guardesas até chegar a carpa e dar así comezo á última xornada de degustación, seguido da actuación do grupo de pop-rock da vila Songodin's. Xa pola tarde, ás 19:30 horas, terá lugar o espectáculo de maxia de Popín Palomero, dirixido ós máis pequenos.

A vixésimo sétima edición da Festa da Langosta chega o seu fin, tras tres días de intensa celebración, coa noite de fado de María do Ceo, que ofrecerá un concerto na carpa da esplanada do Porto a partir das 20:30 horas. Agárdase gran afluencia de público para esta actuación, dada a relevancia da artista portuguesa, que é todo un referente na interpretación e composición do fado tradicional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones